Educación física de primaria

Trompos ao camiño

O alumnado de Primaria segue a tope cos trompos. Cada día máis membros no clube e un truco novo. Ánimo, chicxs! A seguir practicando!

Enlace ao vídeo da actividade.

Exploramos o papel como recurso en EF.

Cos máis pequenos exploramos o papel de xornal na sesión de EF. Coordinación, habilidade manual, puntería, arrastres,... diversión!

 
 
 
 

Desprazamentos

Exploramos diferentes formas de desprazamentos. Traballo en grupo, creatividade, respecto, movemento, ...

Enlace ás fotos: https://drive.google.com/drive/folders/1-N03otoW7V19CNIErFnuhETwMbh76CTD?usp=sharing_eil_se_dm&ts=63752233

 

QUENTANDO MOTORES PARA O SAMAGOSTO

Ao longo da semana previa ao samagosto nas clases de EF xogamos con castañas. Come-castañas, camiños, a raia, xogos de puntería,... pasámolo ben mentras practicamos! E o venres... teremos que comelas!

  

 

XOGOS TRADICIONAIS

Lembrades a cantiga?
"Chinita unha.
Chinita dúas.
Chinita tres.
Chinita catro.
E a que sobra, para o meu gato."

Mentres traballamos a habilidade manual.

 

E quen non xogou a pase-misí?

Xogos de parellas e de gran grupo que enriquecen.

 

 

 

XOGOS CON CAROZOS

Aproveitamos o tempo da colleita para traer a clase carozos de millo e damos renda solta á creatividade. Creacións individuais, en pequeno e gran grupo. A imaxinación non ten límites. Quedan máis sesións con este material que nos permitirá desprazarnos, saltar, facer malabarismos,... É que os carozos, dan moito xogo!

 
 

LIGA DE TROMPOS

Xs alumnxs de sexto pegamos nun cartel os nosos cromos para participar na liga de trompos. Animamos a todo o cole a participar!


XOGANDO AO TROMPO

Empezamos forte a semana! A tope cos trompos! Non esquezas traer o teu da casa para practicar nos recreos e tamén no teu tempo de lecer.

 

CHEGA O VERÁN

Chegou o momento de despedir o curso, xa liberados das máscaras, e quero facelo agradecida publicando de novo esta creación da compañeira Isabella. Chega o momento do verán fortalecedor de mente e corpo. E, rematado o proxecto deste curso: Da cabeza aos pés, do dereito e do revés, lembrarvos que o corpo é un lugar onde ser feliz.

Bo verán para todxs!

RECTA FINAL

Xa na recta final do curso empregamos o paracaídas como material para o goce e a diversión desenvolvendo xogos cooperativos e tamén, como non, algunha actividade de relaxación:

Mirade que tranquiliños nos quedamos despois dunha sesión de xogos. Guay

Powered by Drupal - Design by artinet