Educación física de primaria

PRACTICAMOS PIRAGÜISMO CO CLUBE AS TORRES DE CATOIRA.

Martes 11 de xuño, despois de aprazar a actividade polo mal tempo, por fin puidemos estrenarnos no río Ulla coa colaboración do clube As Torres. Tampouco atinamos co día ideal porque sopraba moito norte e a máis de un cáseque temos que remolcalo desde Carril. Pero, aínda así, gozamos coa piragua e a pá. E deunos tempo para facer vikingadas preto das Torres e máis para probar a auga medicinal que nace alí preto. 

 

 

 Co drakar vikingo ao fondo:

 Fermosa vista das Torres e os kayakistas nóveles:

 Probando a auga medicinal:

O grupo antes da actividade. Este ano non presentamos ningunha foto na auga, pois tanto Jose coma Lucía animáronse a padexar contra o vento GuayGuay

 Agradecemos a Aldara, David e Xoana, os monitores do clube As Torres, o esforzo e adicación que nos prestaron. 

Non esquezades contactar co clube para os cursos de iniciación que organizan no verán. O mellor plan: vacacións con deporte!

GALERÍA DE FOTOS

ACTIVIDADE INTERDISCIPLINAR II

Tal e como prometemos, volvemos. Despois do éxito da actividade interdisciplinar entre EF e inglés con grupos de 1º e 2º , decidimos repetir co resto dos agrupamentos.

Aquí nos tendes practicando as diferentes posicións de ioga: the cat, the lotus flower, the cobra, the flamingo, the rock , the rainbow in the sky, the elephant,... in ENGLISH!!! 

 

 

 

 

Ademáis de traballar a competencia lingüística compartimos un momento de actividade e relaxación cos nosos compañeir@s. Grazas teacher Merchy!

KENPO

 Hoxe, mércores 22 de maio, tivemos connosco a Laura Guimarey e a Ricky, membros do clube KENPO VILAGARCÍA, que viñeron para presentarnos esta arte marcial. 

Laura comezou a practicar kenpo aos 12 anos despois de sentirse motivada ao ver pelis de pelexas. Debutou no campionato de España no 2009 no que conseguiu un bronce.Foi catro veces campiona de españa e este ano gañou o Campionato do Mundo celebrado en Guadalajara no mes de abril.

Explicáronnos que neste deporte aprendemos a golpear, pero o máis importante é aprender a defenderse. Velaquí distintos momentos ao longo da presentación.

 

 

Puidemos ver e tocar as medallas acadadas nos distintos campeonatos.

E tivemos ocasión de practicar un chisquiño.

 

O máis importante é que nos achegaron os valores que fomenta este deporte: constancia, respecto, disciplina, traballo en equipo, confianza nos compañeiros, e sobre todo, crer en nós mesmos e ser humildes, tanto no deporte como na vida.

 Aquí nos tendes nunhas fermosas fotos de grupo.

 

 

Agradecemos a Laura e Ricky a súa presencia no cole. Aprendemos moito e pasámolo moi ben con eles.

Podedes ver todas as fotos na GALERÍA

TRABALLO POR RETOS

Ao longo da semana pasada estivemos traballando  para superar diferentes retos. Démonos conta de que axudándonos uns a outros a tarefa resulta máis doada e a satisfaccion do grupo é maior.

 

Unha lección que nos vale para aprender a desenvolvernos na nosa vida cotiá.

ACTIVIDADE INTERDISCIPLINAR

O xoves 9 de maio o alumnado de 1º e 2º de Primaria desenvolvemos unha actividade interdisciplinar de EF en lingua inglesa.

Coa colaboración de Merchy e Jose puxemos en práctica diferentes exercicios de ioga dirixidos por  teacher Willow, a nosa auxiliar de conversa.

Primeiro quentamos con diferentes tipos de carreira e xogos.

 

 

A continuación practicamos as diferentes posicións de ioga: the cat, the lotus flower, the cobra, the flamingo, the rock , the rainbow in the sky, the elephant,... Traballamos a coordinación corpo-mente,  con actividades para sincronizar a respiración co movemento do noso corpo e todo isto...In ENGLISH!!!

Aquí nos tendes "dándoo todo". 

 

 

 

 

Foi unha actividade divertida e proveitosa que nos gustaría volver  repetir en canto sexa posible. A seguir practicando na casa!

 

IMOS Á PISCINA

O mércores e o xoves desta semana  tod@s @s alumn@s de Primaria asistimos a unha xornada de promoción da actividade física na piscina municipal de Rianxo.

 Simón, o técnico de mantemento, explicounos como se fan as medicións de cloro e PH, como se quenta a auga, a utilización de enerxías renovables,...

 O mércores fixo bo tempo, cos maiores fixemos un circuito fóra.

O xoves estaba a chover e montamos a actividade no pavillón polideportivo:

 

Tamén bailamos zumba con Carmen.

Despois da actividade houbo tempo para unha merenda saudable.

E por fin chegou o momento da actividade acuática.

Como non, despois de tanto exercicio... deixamos lugar á relaxación, control de emocións e respiración:

Velaquí unhas fermosas fotos do grupo de cada día.

Foron unhas xornadas proveitosas, de fomento do hábito deportivo e a vida saudables.

Agradecemos a todo o equipo da Piscina Municipal de Rianxo a atención e o bo trato recibidos. Pasámolo moi ben!

GALERÍA DE FOTOS

XIMCANA COOPERATIVA

 Hoxe, o alumnado de 6º participou nunha actividade lúdico-educativa organizada por tres alumnas estudantes de Integración Social do CIFP Compostela.

Jenni, Laura e Uxía presentáronnos unha ximcana de xogos populares e tradicionais na que o importante era percibir o sentimento de cooperación entre os compoñentes do grupo. Ademáis de pasalo ben aproveitamos para repasar conceptos aprendidos durante o curso.

Amosámosvos unhas fotos de distintos momentos da actividade.

 

 

 

 


Aquí temos o grupo despois de rematada a tarefa. Formamos un equipo fantástico.

Agradecemos a estas tres estudantes o tempo e esforzo que nos adicaron. Agardamos que elas desfrutaran tanto coma nós.

VOLVE O ENTROIDO

Durante a celebración do entroido sempre temos entre nós aos nosos amigos Galopín, Trotón e o cervo Papafilloas que veñen a xogar connosco ás carreiras e ás agachadas.

Aquí os temos posando flamantes co alumnado de 1º, 2º e 3º

 

 

 

 

Agora descansan retomando forzas para o próximo entroido.

BO DESCANSO!

POSICIÓN INVERTIDA

Seguimos experimentando coa posición invertida. Neste caso @s alumn@s de 4º demóstrannos como practican o morcego nas espaldeiras.

 

 

 

 

 

 

Ánimo chic@s! A seguir practicando!

ACTIVIDADES NA CLASE

 Con constancia e esforzo acadamos bos resultados. Aquí temos a mostra, mirade que chulos quedamos practicando o morcego nas cordas.

 

 

 

 

 

 

A dor nas mans queda esquecida grazas á satisfacción da tarefa ben desenvolvida. Non si? 

SODES UNS AUTÉNTICOS CAMPIÓNS!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet