Educación física de primaria

ZUMBAAAAAAA!!!!

Hoxe tivemos un recreo saudable por cortesía da Piscina Municipal de Rianxo: contamos con Paula,monitora desta instalación, que nos veu axudar a mover o esqueleto a ritmo de zumba.

Aquí vos deixamos unhas fotos testemuña do ben que o pasamos:

 

 

 

 

 

Agradecemos a Paula a súa presenza e entusiasmo e agardámola de novo noutro recreo saudable!!

ZUMBA-NADAL

Dentro do programa DAFIS, de promoción da vida saudable, imos organizar o vindeiro venres 9 de decembro, durante o recreo, unha actividade de ZUMBA-NADAL  para todo o alumnado de E.Primaria coa colaboración dos monitores da Piscina Municipal de Rianxo. Por este motivo pedimos que TOD@S traiades roupa cómoda e calzado deportivo.

 

NON VOS ESQUEZADES!!!!

UNHA XORNADA DEPORTIVA

Onte, xoves 10 de novembro, o alumnado de Primaria desprazouse a Rianxo para vivir unha xornada deportiva e con ambiente mariñeiro.

Achegámonos ata a piscina municipal, onde practicamos natación, deporte de sala, zumba,... e ensináronnos as instalacións e o seu funcionamento.

Foi unha mañá intensa, na que aprendemos un montón ademáis de practicar deporte.

 

  

 

 

 

Previamente tiñamos visitado a Aula Activa do Mar, o Museo do mar e a casa de Manuel Antonio.

Desde o CPI de Dodro queremos agradecer aos monitores do Concello e aos da piscina municipal o bo trato e atención recibidos. Aprendemos moito convosco.

Volveremos noutra ocasión!!

VISITA DE MARÍA VILAS

Hoxe pola mañá recibimos a visita de María Vilas e Susana Lorenzo, compañeira de María e tamén entrenadora do clube de Natación Ribeira. Entre as duas comentaron os beneficios do deporte e dos hábitos de vida saudables. María, ademáis, contounos a súa experiencia nos XXOO de Río.

Desde o noso CPI dámoslle as grazas a ámbalas duas.

Velaquí distintos momentos da charla:

 

 

 

  

 Aquí a temos firmando autógrafos:

 

MARÍA VILAS

 

Resultado de imagen de MARÍA VILAS

O vindeiro luns 19 de setembro teremos entre nós a María Vilas, nadadora olímpica Río 2016 e máis ao seu entrenador do clube de Ribeira Juan Carlos Brión. Entre os dous comentarannos a traxectoria desta fantástica deportista, a súa experiencia olímpica, e tamén nos falarán dos beneficios da práctica deportiva e a vida saudable.

Copio aquí para que vexades un resumo do seu currículum deportivo:

Año 2010

Campeona de España infantil

Primer campeonato internacional – copa comen ( 2 oros, 1 plata, 3 bronces)

 

 

Año 2011

Campeona de España Junior

Campeonato de Europa Junior

       Campeona de Europa en 1500

       4ª en 800

Campeonato del mundo Junior

        5ª  en 1500 libres

 

 

Año 2012

Campeona de España junior

Campeona de España absoluta

Campeonato de Europa Junior

         Campeona de europa en 800

         Subcampeona de europa en 400estilos

         Tercera de Europa en 1500 y en relevo 4x200

 

 

Año 2013

Campeona de España absoluta

Minima para el campeonato absoluto de Barcelona, pero sin plaza

Juegos del mediterraneo absolutos

          Segunda en 400 estilos

          Tercera en 4x200 libres

 

 

Año 2014

Campeona de España Junior en larga distancia

Subcampeona de España Junior

Campeonato de Europa Absoluto

            7ª en 1500 libres

            8ª en 400 estilos

Campeonato del Mundo Absoluto piscina de 25

            6ª en 800 libres

 

 

Año 2015

Campeona de España Absoluta en larga distancia

Campeona de España Absoluta

Campeonato de España de Aguas Abiertas

             Campeona en 10 km

             Tercera en 5 km

Campeonato del mundo absoluto de Aguas Abiertas

              21ª en 10 km

               24ª en 5km

 

 

Año 2016

Subcampeona de España absoluta

Campeonato de Europa Absoluto

              Tercera en 1500

              Cuarta en 800

XOGOS OLIMPICOS

               19ª en 800 libres y 400estilos

 

 

 

GALICIA XOGARÁ AO RUGBI EN RÍO

Déixovos neste enlace a nova 

Galicia xogará ao rugbi en Río

Aí estará a nosa amiga Vanesa Rial, de Boiro, coas mellores!!

Parabéns para todas !! 

E con esta boa nova despedímonos ata o vindeiro curso. Non esquezades alimentarvos de maneira saudable e practicar deporte a cotío. E tamén disfrutar co espectáculo das Olimpiadas, xa falaremos en setembro...

BO VERÁN PARA TOD@S!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

INICIACIÓN AO JUDO

Onte estivo connosco David, monitor do Clube Judo Santiago  , que nos explicou as orixes e os principios básicos desta arte marcial: ORDE E RESPECTO.

Tamén fixemos unha clase práctica con volteos, inmovilizacións,...

Mirade algunhas fotos feitas durante o desenvolvemento das sesións:

 

 

 

 

Pasámolo moi ben e aprendemos moito sobre este deporte. Animarémonos a practicalo!!

Moitas grazas a David pola sua presenza no noso CPIP.

UNHA SESIÓN DE INICIACIÓN AO PIRAGÜISMO CO CLUBE AS TORRES

 Hoxe pola mañá visitamos as instalacións do clube As Torres Romería Vikinga de Catoira.

 

 Aquí estamos preparados para entrar en acción!!

 

Vimos diferentes tipos de embarcacións.

 Probamos o ergómetro.

 E unha vez que nos deron unha breve explicación teórica, baixamos os kaiaks á beira do río. Pesaban bastante!!

 Despois da práctica tivemos tempo de lecer para disfrutar de actividade na auga.

 Pasámolo moi ben!!!

 

Moitas grazas a Iago e a Rubén por facernos pasar unha mañá tan agradable e deportiva.

Contade connosco para o curso de verán!!

 

 

10.000 PASOS

No seguinte enlace podedes ver os beneficios que nos aporta unha boa camiñata diaria. 

Tomade nota!!

HOCKEI

 

 Déixovos un enlace onde podedes ver as principais normas do hockei sá.

Temos gañas de empezar a practicar?

Powered by Drupal - Design by artinet