Educación física de primaria

XOGAMOS AO BALONCESTO

O venres 1 de decembro, tivemos entre nós a Finso, Fruqui e Toño, do clube de baloncesto Río Ulla de Pontecesures para darnos a coñecer este deporte.

Planificamos unha sesión de iniciación cos grupos de 3º, 4º e 5º, 6º.

 

 

 

 

Se queres practicar este deporte non tés máis que contactar co clube. Ofrecen un mes de probas sen custe de ningún tipo.

ANÍMATE A XOGAR AO BALONCESTO!!

PRIMEIROS AUXILIOS

  Hoxe, venres 17, tivemos entre nós a José Carlos, o coordenador xefe de Protección Civil e Emerxencias da comarca do Sar.

Na aula explicounos o protocolo de actuación en caso de emerxencia: PAS

Protexer

Avisar

Socorrer 

 

 

Ademáis explicounos como debemos actuar en casos de:

-Obstrución das vías aéreas

-Problemas cardiovasculares

-Problemas respiratorios

-Queimaduras 

-Traumatismos,...

É importante lembrar que, no caso contusións ou traumatismos, debemos aplicar frío e no  caso de pequenas feridas simplemente utilizar auga ou suero fisiolóxico e ningún outro producto.

 

 

Xa no pavillón fixemos prácticas de PLS (posición lateral de seguridade) e RCP (reanimación cardiopulmonar)

 

 

 

 

Foi unha clase ben amena e distendida, na que tomamos conciencia do importante que é coñecer a maneira de actuar ante calquer emerxencia. 

Agradecemos a José Carlos que compartira connosco a súa experiencia.

Contaremos coa súa colaboración en cursos vindeiros!! 

O OUTONO EN E.F.

Aproveitando os papeis de xornal os máis pequenos experimentamos O OUTONO:

 

  Que ocorre cos paxariños no outono... un bosque con árbores de folla perenne ou folla caduca,... o vento,...

 

 Quen se esconde debaixo das follas?

 E despois de xogar,... toca descansar.

 

 E, finalmente, recoller. Deixamos o pavillón ben limpiño!! 

 

 

 

VACACIÓOOOOOOOONS!

E despois do longo curso chegan as ansiadas vacacións de verán.

Non esquezades os deberes de e. física:

- Alimentarse de maneira saudable.

- Facer deporte todos os días.

- Adicar uns minutos diarios á lectura.

- Cargar ben as pilas para o novo curso.

 

            Bo verán para tod@s!!!

INICIACIÓN AO PIRAGÜISMO

O martes 6 e o mércores 7 de xuño o alumnado de 5º e 6º disfrutamos dunha sesión de iniciación ao piragüismo en colaboración co clube As Torres Romería Vikinga de Catoira. Tivemos un tempo excelente e, ademáis de facer deporte, pasámolo xenial en contacto coa natureza.

 

 

 

 

Agradecemos aos monitores: Iago, Álex e Imanol; e a á directiva do clube o esforzo e a atención recibidos. Foi unha xornada  de aprendizaxe lúdica, quedamos con gañas de volver.

Non esquezades que o 1 de xullo comeza o curso de verán para todos aqueles que queiran continuar disfrutando do río, a natureza e o deporte.

XOGOS TRADICIONAIS

Un ano máis agradecemos á asociación cultural O Morasón o préstamo dos xogos populares para desenvolver a última unidade didáctica deste curso.

A chave, a rá, a petanca, os aros... forman parte dos nosos xogos tradicionais galegos.

 

 

 

 

TEMPO E ACTIVIDADE COMPARTIDOS

De maneira totalmente imprevista atopámonos no pavillón o alumnado de 5º de Primaria e o de 4º da ESO. Sen dudalo nin un segundo decidimos compartir tempo, espazo e actividade.

María Catoira foi a encargada de dirixir unha clase de zumba para tod@s. 

Gustounos moito!!

 

 

 

COREOGRAFÍAS

Despois de ver os pasos básicos de aerobic, os alumn@s de 4º, 5º e 6º atrevémonos a montar as nosas propias coreografías. Estannos quedando moi chulas:

 

 

 

 

 

 

ENTROIDO EN E. F.

 Chegou o entroido a E.F. e  con el sempre veñen os nosos amigos Galopín, Trotón e o cervo Papafilloas, para correr connosco e xogar ás agachadas.

A ver se sodes quen de descubrilos no medio dos alumn@s de primeiro:

 

BOAS FESTAS

ATT. NAIS/PAIS DO ALUMNADO DE  E. PRIMARIA

Na área de E. Física acabamos de iniciar unha U.D. de xogos con raquetas. Agora que veñen as vacacións de nadal podemos aproveitar para practicar na casa  co obxectivo de acadar os mellores resultados .  @s alumn@s xa saben as actividades a facer, só precisan unha pelota e raqueta ou pala de praia. Se non  teñen poden pedir  a Papá Noel, que é bondadoso e seguro que trae…. Non esquezades nestas datas practicar deporte a diario e comer, na medida do posible,  de maneira saudable.

 

BOAS FESTAS!!!                                                                           A profe de E. Física

Powered by Drupal - Design by artinet