Educación física de primaria

5º PRACTICA PIRAGÜISMO

 Hoxe si!!!!. Aquí temos ao alumnado de 5º na súa experiencia co remo...

Primeiro visitamos as instalacións :

 

 

Vimos os diferentes tipos de embarcacións 

Velaquí o grupo listo para a actividade 

As primeiras nocións sobre o deporte: como collemos e manexamos a pá. 

Expertos non, pero cáseque. Mirade que ben posamos para a foto.

 E despois da ducha e a merecida merenda, rematamos cun bonito paseo ata as Torres.

 Reiteramos o noso agradecemeto ao clube As Torres Romería Vikinga de Catoira por ofrecernos a posibilidade de disfrutar desta magnífica experiencia. 

E lembrade que os que queirades practicar este deporte non tendes máis que poñervos en contacto co clube. Estanvos agardando!

6º PRACTICA PIRAGÜISMO

 Hoxe fomos ao río Ulla co clube As Torres de Catoira para unha toma de contacto cun deporte acuático: o piragüismo.

 

 

 

Foi unha xornada agradable disfrutando do deporte ao aire libre.

 

E ata nos deu tempo de facer un pequeno paseo ata as Torres.

 

Finalmente fixemos unha foto en plan "Vikingo" cos drakkar de fondo

 

Pasámolo moi ben! Agradecemos ao clube a súa disponibilidade.

Mañá volveremos co alumnado de 5º.

CONTINUAMOS COS DESAFÍOS COOPERATIVOS

 Ao longo das últimas sesións de E.F. continuamos vendo a importancia da cooperación no grupo traballando cos desafíos físicos cooperativos.

Vemos algúns exemplos:

 

 

 

 

RECUPERAMOS XOGOS TRADICIONAIS

Nas últimas sesións de E.F. recuperamos os xogos tradicionais, que ademáis de mellorar o compoñente motriz nos axudan a traballar valores como a colaboración, o respecto, a tolerancia,...

 

 

Os máis pequenos disfrutamos descubrindo as diferentes combinacións que nos ofrece o xogo da goma.

DESAFÍOS FÍSICOS COOPERATIVOS

 Non hai nada imposible

 

 

 

 

Coa axuda dos compañeir@s somos quen de superar todos os retos. Non hai máis que ver as caras de satisfacción cando superamos o desafío.

Ánimo chic@s!!

DEBUXOS

  É un gustazo publicar os debuxos d@s alumn@s. Grazas chic@s!! 

 

 

O ENTROIDO CHEGA DE NOVO

O entroido chega de novo outro ano máis, e con el os nosos amigos Papafilloas, Trotón e Galopín. Imos xogaaaaaar!!

 E, como mandan as consignas, hoxe viñemos deportivos: futbolistas, ciclistas, piragüistas,... VIVA O DEPORTE!!

 

 

 

XOGAMOS CON GLOBOS

Despois das merecidas vacacións de nadal chegamos á escola e continuamos xogando.

Os máis pequenos facémolo con globos, cos que traballamos a coordinación, o equilibrio, a habilidade, a lateralidade, a axilidade, a cooperación entre compañeiros, ...

É a mellor maneira de aprender: XOGANDO!

 

 

 

XOGAMOS AO BALONCESTO

O venres 1 de decembro, tivemos entre nós a Finso, Fruqui e Toño, do clube de baloncesto Río Ulla de Pontecesures para darnos a coñecer este deporte.

Planificamos unha sesión de iniciación cos grupos de 3º, 4º e 5º, 6º.

 

 

 

 

Se queres practicar este deporte non tés máis que contactar co clube. Ofrecen un mes de probas sen custe de ningún tipo.

ANÍMATE A XOGAR AO BALONCESTO!!

PRIMEIROS AUXILIOS

  Hoxe, venres 17, tivemos entre nós a José Carlos, o coordenador xefe de Protección Civil e Emerxencias da comarca do Sar.

Na aula explicounos o protocolo de actuación en caso de emerxencia: PAS

Protexer

Avisar

Socorrer 

 

 

Ademáis explicounos como debemos actuar en casos de:

-Obstrución das vías aéreas

-Problemas cardiovasculares

-Problemas respiratorios

-Queimaduras 

-Traumatismos,...

É importante lembrar que, no caso contusións ou traumatismos, debemos aplicar frío e no  caso de pequenas feridas simplemente utilizar auga ou suero fisiolóxico e ningún outro producto.

 

 

Xa no pavillón fixemos prácticas de PLS (posición lateral de seguridade) e RCP (reanimación cardiopulmonar)

 

 

 

 

Foi unha clase ben amena e distendida, na que tomamos conciencia do importante que é coñecer a maneira de actuar ante calquer emerxencia. 

Agradecemos a José Carlos que compartira connosco a súa experiencia.

Contaremos coa súa colaboración en cursos vindeiros!! 

Powered by Drupal - Design by artinet