Educación física de primaria

QUENTANDO MOTORES

Empezamos a semana con enerxía! Xogos cooperativos con paracaídas para ir entrando en calooooooorrr!

PRACTICAMOS PIRAGÜISMO

Hoxe o alumnado de 5º e 6º fixemos unha saída didáctica en colaboración co clube As Torres Romería Vikinga de Catoira. Visitamos as instalacións do clube, practicamos piragüismo no Ulla, fixemos un roteiro de sendeirismo ata as Torres e ata nos deu tempo a xogar no parque, na praia fluvial e bañarnos no río. Pasámolo moi ben practicando este deporte!

 
Agradecemos ao clube a boa disposición e sobre todo a Carla e David, os monitores que nos atenderon en todo momento.

Lembrade que podedes inscribirvos no curso de iniciación que se vai desenvolver ao longo dos meses de verán.

     Tod@s a gozar do piragüismo!

GALERÍA DE FOTOS

 

XINCANA

Ao longo desta semana o alumnado de 1º a 3º de Primaria participará nunha xincana na que haberá que afrontar diferentes retos relacionados coas competencias clave: sentido da iniciativa, matemática, ciencias,...

                               

 

 

Finalizamos cunha valoración e reflexión sobre o traballo desenvolto.

EMOCIONÓMETRO

Nas clases de E.Física tamén nos interesamos polas emocións que se sinten ao longo da clase, por iso propuxemos un emocionómetro para valorar os resultados.

Se nos fixamos nas fotos realizadas ao finalizar a sesión desta semana podemos darnos por satisfeitos.

Aínda que hai que velar por esas "caídas" que nos fan sentir vergoña. Guiño

 

MÁQUINA DE BÓLAS

Xa temos lista a nosa maquiniña de recolleita de emocións ao finalizar a clase de E.F. Agradecemos a Ana a súa colaboración, pois deixounos unha máquina "profesional".

 Se observamos a resposta despois da primeira sesión de uso podemos darnos por satisfeitos. Continuaremos completando cada día.

PAINTBALL

Adaptamos as normas para desenvolver un novo xogo de estratexia que nos permite traballar lanzamentos, recepcións, cooperación,... ao mesmo tempo que pasamos un rato divertido e, sobre todo, practicando XOGO LIMPO!

 

IOGA BILINGÜE NA AULA DE 3º

Agradecemos hoxe a colaboración da teacher Merchy, que nos acompañou no pavillón nunha nova sesión de ioga en lingua inglesa co alumnado de 3º.

We recommend you practise yoga at home because it is very relaxing and entertaining. We can have a lot of fun with this activity. Try! You can do it!

 

IOGA BILINGÜE

O alumnado de 1º e 2º de Primaria participou hoxe nunha actividade de ioga en Galician/English. A sesión levouse a cabo no pavillón do cole coas profes Merchy e Jose. Ambientada a clase cunha música relaxante (a very relaxing music), practicamos a respiración consciente (conscious breathing), o saúdo ao sol (the sun salutation) e diferentes posturas (poses) relacionadas cos animais e a natureza (animals and nature): can (downward-facing dog), gato (happy and angry cat), bolboreta  (butterfly), xirafa (giraffe), flamenco  (flamingo), cobra, árbore (tree), montaña (mountain),...

Aquí nos tendes, moi atentos ás indicacións das profes:

 

 

NADAL

Desde o Departamento de Educación Física desexámosvos a tod@s un feliz e deportivo Nadal!

BOAS FESTAS 

 

               

 

 

 

Agradecemos aos alumn@s de 3ºESO-A o deseño e elaboración da nosa árbore de Nadal: Alex, María, Daniel, ...

CFB

Ao longo deste mes estamos traballando as cualidades físicas básicas. Hoxe tocoulle a vez á flexibilidade. Sabías que se tés unha boa flexibilidade tés menos posibilidades de sufrir lesións musculares ou articulares?

 

Aquí podedes vernos practicando diferentes posturas e estiramentos, importantes para o mantemento e mellora da nosa flexibilidade.

Powered by Drupal - Design by artinet