Educación física de primaria

RECUPERAMOS XOGOS

Esta semana empezamos a saltar na goma, un xogo de sempre, divertido e enriquecedor.

Coordinación, equilibrio, percepción espacial, secuencia temporal,... os xogos populares ofrecen unha enorme riqueza que hai que manter.

PREPARÁNDONOS PARA XOGAR A RUGBI

 


 

 

 

Contamos coa presenza no noso cole de varios entrenadores do Barbanza Rugby Club que viñeron para presentarnos este deporte.Tiveron a amabilidade de atender á nosa invitación ás aulas de Educación Física. Presentamos un deporte que o alumnado apenas coñece e un club ubicado, desde hai uns pocos anos, moi preto do Concello de Dodro. Seguiremos colaborando! No obradorio participou o alumnado de primaria e de secundaria.

Aprendemos a caer, a placar, a marcar un ensaio,... Gustounos moito!

O alumnado de ESO realizamos actividdaes e exercicios similares e desfrutramos un montón.

 

GALERÍA DE FOTOS DE PRIMARIA

GALERÍA DE FOTOS DE SECUNDARIA

 

Velaquí un cartel cos valores que nos transmite este deporte:

Deixamos información sobre o clube para os que queiran anotarse á escola:

Agradecemos ao Barbanza Rugby Club a presentación deste deporte tan chulooooo!

ANIMÁDEVOS!

MATERIAL AUTOCONSTRUIDO III

Diferentes tipos de bolos, futbolíns, bates, aros, golf,... a creatividade é infinita. O obradoiro de autoconstrución de materiais da moito xogo. 

Para pasalo ben e aprender tampouco é preciso derrochar diñeiro, hai que derrochar imaxinación.

Ánimo chic@s!

MATERIAL AUTOCONSTRUIDO II

Continuamos autoconstruindo xoguetes con materiais reutilizados. Neste caso elaboramos aros a partir de papel de xornal e máis bailaretes con tapas de plástico que xiran e xiran...

 

 É gratificante ver a colaboración entre compañeir@s, tanto no proceso de confección como despois durante o xogo.

MATERIAL AUTOCONSTRUIDO

Os máis pequechos construimos xoguetes con materiais reutilizados: botellas, cartón, cordel,...

Dan moito xogo!

PERCUSIÓN CORPORAL

O alumnado de 2º de primaria realizou un exercicio de percusión corporal na clase de EF. No enlace podedes ver un vídeo do momento:

ENLACE VÍDEO 2º EP

Os de 6º non quixeron ser menos e improvisaron a súa propia actividade percusionista despois dunha sesión de saltos e trepas...

ENLACE VÍDEO 6º EP

 

Que  xeito lle dan!!!!

 

UNHA SESIÓN CON PAPEL DE XORNAL

Esta semana, dentro da UD dramatización e ritmo, os máis pequenos viaxamos ata a neve. Empregando papel de xornal puidemos facer carreiras de esquís, pilla pilla en trineo, guerra de bolas de neve,...

E o mellor de todo, para finalizar, elaboramos unha enoooorme bola de neve que nos servirá para múltiples xogos no recreo.

Un exemplo para comprobar que, para aprender e pasalo ben, tampouco precisamos investir moito en materiais.

UN PARQUE DE ATRACCIÓNS

Diferentes ambientes de aprendizaxe motor, aproveitamos a proximidade das vacacións para montar un pequeno parque de atraccións: salto, escalada, tobogáns, ... E entrada de balde!

Gozade moito destas festas e a cargar baterías para o ano vindeiro!

 

RETRATO

Da gusto vir cada día ao cole a compartir experiencias con alumn@s que nos retratan así de ben:

Moitas grazas, Isabella!

BALONCESTO

Aproveitamos a sesión de EF para recibir a Finso, adestrador do clube Río Ulla de Pontecesures, que nos presentou este deporte e nos anima a practicalo no noso tempo de lecer.

Velaquí unhas imaxes de 5º de Primaria e 2º de ESO:

O venres volverán para presentar a actividade aos grupos de 1º ESO e 6º Primaria.

 Deixamos o contacto e animámosvos a que probedes. TODOS A PRACTICAR BALONCESTO!

Powered by Drupal - Design by artinet