UNHA SESIÓN CON PAPEL DE XORNAL

Esta semana, dentro da UD dramatización e ritmo, os máis pequenos viaxamos ata a neve. Empregando papel de xornal puidemos facer carreiras de esquís, pilla pilla en trineo, guerra de bolas de neve,...

E o mellor de todo, para finalizar, elaboramos unha enoooorme bola de neve que nos servirá para múltiples xogos no recreo.

Un exemplo para comprobar que, para aprender e pasalo ben, tampouco precisamos investir moito en materiais.

Powered by Drupal - Design by artinet