Skip to Content

Novas

SOMOS FINALISTAS!!

Dende a organización do Certame Internacional de Podcast Xosé Mosquera Pérez "O Vello dos Contos" e trala deliberación do xurado e valoración dos máis de 70 traballos recibidos de coles de todo Galicia, temos o pracer de comunicarvos que somos finalistas co traballo que presentamos; “Del Riego nas Ondas. Radio Escolar e Intelixencia Artificial” (Letras Galegas 2023).
Comparto o enlace á info do traballo e ao programa de radio para que poidades escoitar o podcast e coñecer máis cusiñas da nosa proposta.Temos que sentirnos orgullosos, pois trátase dun recoñecemento moi importante a nivel educativo.
Máis sobre este traballo de radio:
Programa de radio presentado a concurso:
O VELLO DOS CONTOS A organización convidóunos á gala de entrega de premios que vai ter lugar o vindeiro martes, 6 de xuño de 2023, ás 11:30 no IES Rosalía de Castro de Santiago, na nosa condición de finalistas. Alí estaremos para ver se hai sorte e finalmente, somos quen de acadar un novo recoñecemento para tod@s @s ramalloseir@s.
E non subimos ao podium por un peldaño!! 4º posto, pero máis que felices e orgullosos de estarmos no bombo entre os finalistas e acadar este recoñecemento. Deixámosvos unhas imaxes do noso trofeo. Unha escultura Orixinal obra do alumnado da Escola Mestre Mateo de Santiago. Encántanos!!
Grazas a tod@s!! EASD Mestre Mateo, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Casa de Rosalía de Castro, a Coordinadora dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e a Arraianos Produccións. Seguiremos a sementar radio poñendo en valor a nosa lingua e cultura a través deste medio.
Xosé Mosquera 1 Xosé Mosquera2

2ª Edic. CÓNTAME UN CONTO (APOI)

Esta semana asistimos á gala final do Proxecto CÓNTAME UN CONTO. Promovido polo APOI (Museo do Pobo Galego e Fundación Antonio Fraguas) co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Asistíu todo o alumnado participante no proxecto (3º e 4º de Ed. primaria) e tamén unha representación do alumnado de 5º e 6º que achegaron tamén algunhas actuacións musicais ao acto. Foi toda unha festa e unha experiencia educativa do máis enriquecedora.

Todas as montaxes dsos contos recollidos e contados polos nenos/as estarán no apartado da web do centro adicado a este proxecto. Non deixedes de velos e darlles os vosos like´s.

Aquí vos deixamos unha pequena montaxe resumo de todo o acto!!

  

Cóntame un conto 2ª Edic(1)

Cóntame un conto (2)

Podedes ver e descargar todas as fotos e vídeos das actuacións no seguinte enlace

 

 

 

ENTRA NA WEB DO APOI (Museo do Pobo Galego), para ver todo o traballo deste fermoso proxecto.

TEATRO DE TÍTERES

Este venres 23 de maio, o alumnado de infantil e 1º de primaria, repartidos en dúas quendas, tivo a sorte de gozar dunha sesión de contacontos/títeres, que levaba por titulo "SORPRESA", a cargo de Sara Laya, da compañía "a Xanela do Maxín", e como agasallo do Consorcio Editorial polo gasto realizado en libros mercados para a biblioteca do centro. 

Foi unha actuación ben fermosa que engaiolou ás crianzas coa súa posta en escea e co seu xeito de contar e transmitir unha moi importante mensaxe: " a necesidade de coidar o noso planeta", mediante a reciclaxe do lixo, a reutilización dos materiais, o respecto e coidado do noso entorno.

Grazasss enormes á Xanela do Maxín e á editorial Consorcio, por seguir transmitindo teatro, cultura, historias,... que enriquecen o maxín das nosas crianzas.

  

 

ESPECIAL "CÓNTAME UN CONTO"

 

Programa especial adicado a "Cóntame un conto", proxecto educativo impulsado pola Fundación Antonio Fraguas Fraguas que promove a actividade de contar contos de tradición oral galegos entre os escolares. O proxecto busca aproveitar as posibilidades educativas deste recurso, promover o coñecemento da literatura popular galega de transmisión oral e incorporar a tradición oral de contar contos ás actividades públicas dos centros escolares.

- Alumnado participante no programa de radio: 4º de Ed. Primaria (grupo c)

- Profesorado: María Álvarez Garea, Benxa Salgado Otero e Óscar Suárez Carbia

CONTACONTOS DE ABANCA

O mércores 10 de Maio, estiveron no noso centro unha asociación de xóvenes discapacitados para compartir coas crianzas de 1º primaria, un conto titulado "los cuentos de memi", dentro das actividades culturais e educativas que ofrece  Abanca.

E outro grupo de alumn@s de 4º puideron gozar de varios xogos lúdicos. 

Foi  un encontro lúdico pero tamén inclusivo e gratificante para ambas partes: o alumnado do centro gozou coa actividade posta en escea por persoas con diferentes capacidades e os participantes demostraron que con gañas non hai obstáculos ou fanse pequenos.

      cilcar AQUÍ para visualizar máis fotos

                                       

 

ENTREVISTA Á ESCRITORA SABELA NÚÑEZ SINGALA

DÍA DO LIBRO

Como cada ano, polo 23 de abril, conmemoramos o día do libro, e nesta ocasión quixemos facer un guiño á escritora Gloria Fuertes, xa que se cumplen 25 anos do seu pasamento.

* Montamos unha panel anunciativo con datos da súa biografía e algúns dos seus moitísimos poemas, para dar a coñecer esta importantísima e querida escritora na literatura infantil en castelán, que nos deixou  unha gran variedade de poemas, cantigas, adiviñas, pequenos contos de animais, pezas teatrais para os máis pequenos, e con grandes doses de humor.

   - Como proposta dende a comisión de biblioteca, suxerimos facer un cartel expositivo sobre a escritora, deixando liberdade a cada aula para a súa elaboración.

    (clica na foto para ver máis fotos)

 

* Outra actividade que acostuma a funcionar moi ben e lles gusta ao alumnado é o "apadriñamento lector": onde os maiores do cole de 5º e 6º len un conto aos máis pequenos.

Nesta ocasión o alumnado de 6º EP apadriñou a un grupo con nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º EP, mentras que o alumnado de 5º apadriñou un ou dous nen@ de EI.

Foi unha actividade ben fermosa, que puido ter lugar no patio exterior do cole, e por momentos observábase atención, concentración, goce,...Sorriso. Foi moi bonito

     (clicar na seguinte imaxe para ver máis fotos)

 

* Tamén resulta do gusto das crianzas facer o préstamo-agasallo de contos que traen das súas casas ou buscan na biblio para intercambialos cos seus compañeir@s de aula

 

PRIMAVERA, PASEO E POESÍA.

Celebramos a chegada da primavera e o Día da Poesía cun paseo polo noso patio. Inspirámonos no ambiente: sol, paxaros, árbores... e creamos poesías. O resultado foi marabilloso!

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut