Skip to Content

Novas

CONMEMORACIÓN DO 25 N

ESTE CURSO TAMPOUCO PODÍAMOS DEIXAR DE CONMEMORAR NO CENTRO, UNHA DATA TAN SINALADA COMO É O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

DENDE A COMISIÓN DE BIBLIOTECA, EN COORDINACIÓN CO EQUIPO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, ACORDAMOS UN LEMA, EN TORNO AO CAL XIRARÍAN AS PROPOSTAS QUE SE ABORDASEN NAS AULAS CO ALUMNADO SOBRE ESTA TEMÁTICA.

CONSIDERAMOS QUE A VIOLENCIA SE COMBATE CON EDUCACIÓN, POR ISO, O LEMA ELIXIDO LEVA DOSES DE VALORES POSITIVOS, QUE TRATAN DE EVITAR CHEGAR Á VIOLENCIA TANTO FÍSICA COMO PSÍQUICA;

      "NON AO MALTRATO, SI AO BO TRATO"

Diversas foron as propostas que, baixo dito lema, encheron a entrada á nosa biblioteca, como diversidade existe na nosa sociedade, procurando buscar o respecto, a tolerancia, a liberdade de expresión, a igualdade de oportunidades,...

  

A nosa comunidade educativa rexeita calquera tipo de manifestación violenta e así o quixeron expresar mediante diversos exemplos:

- as crianzas máis pequenas do centro decoraron o lema nun gran mural coas súas mans tinguidas de negro (loito) e de violeta (feminismo), ademais de reflexionar sobre a temática a partir de varios contos como: "Non a todas as nenas lles gusta o rosa", "las muñecas son para las niñas" ou " o chuvasqueiro de Aurora", a partir do cal escribiron mensaxes negativas de rexeitamento das accións negativas sobre o xénero feminino que logo convertiron en avións para lanzar lonxe e afastar a violencia

 

- un grupo dos máis maiores fixo un rap en contra da violencia de xénero, que nese día interpretou por todo o centro.

 

- outro grupo de alumnado traballou a partir do conto "hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?", Raquel Díaz Reguera- reflexionaron como lles gustarían que fosen as súas princesas: libres, valentes, independentes

 

- non faltaron as flores que queremos que agromen con valores positivos que favorezan o bo trato

- unha montaxe de fotos que indican accións de bo trato no propio centro, nas que as propias crianzas son as protagonistas, nelas obsérvanse mostras de axuda, de apoio, de felicidade, de respecto,..

- outros grupos recórdannos unha manchea de mensaxes, verbas e accións positivas que axudan a fomentar o bo trato nos demais, ao respecto polas diversas opinións, e conseguir unha convivenvia positiva, contribuir á felicidade consigo e cos demais, ... presentados en forma de corazóns ou da "porta violeta"

  

ENTREGA DE PREMIOS (PNO)

V CERTAME AS IMAXES DO PATRIMONIO GALEGO-PORTUGUES

Hoxe acudimos ao Auditorio da Asoc. Cultural Valadares (Vigo) para recoller o 1º premio á mellor fotografía e o premio ao mellor programa de radio escolar adicado á mesma temática. Foi un día cargado de emocións e gratitude!!

Queremos agradecer á organización de Ponte nas Ondas e ao xurado do certame este recoñecemento tan importante para nós.

E por suposto a tod@s @s nen@s e familias que nos fixéstedes chegar as vosas fermosas fotografías antigas e aos que participaron no programa de radio, especialmente a Otilia e Javier, os avós que nos agasallaron con esta fermosa entrevista. Non vos perdades este programa de radio ramalloseiros aquí

Podedes tamén ver toda a información completa dos premios, ao que asistiron entre outras autoridades; D. José Manuel Rodríguez Uribes, embaixador de España na UNESCO, os directores xerais de Cultura e de Patrimonio Cultural, D. Anxo M. Lorenzo e Dna. Mª Carmen Martínez asistentes,... Premendo aquí entraredes directamente á nova na propia web de Ponte nas Ondas

PNO Premios
PNO Premios 2

Asitiron todos @s participantes no certame e tivemos tamén a sorte de podermos contar coa compaña das familias dos premiados.

Podedes ver todas as fotos e vídeos premendo aquí  

(Seguimos subindo contidos, pois agardamos máis fotografías)

 

Podedes ver toda a entrega de premios no seguinte vídeo:

 

"Os nosos premios": Entrega premio ao Mellor programa de Radio Escolar de Ed. Primaria (Minuto 36:20)

Entrega 1º premio de Ed. Primaria (Minuto 48:10)

 

APOIA AQUÍ A CANDIDATURA DE PONTE…NAS ONDAS! AO REXISTRO DAS BOAS PRÁCTICAS DE SALVAGARDA DO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL DA UNESCO. O 1 DE DECEMBRO SABEREMOS SE OBTEMOS ESTE RECOÑECEMENTO DA UNESCO

Qué é a UNESCO? Cal é o motivo da súa creación?

Preme nos seguinte enlaces para saber máis cousiñas sobre a "Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.

HISTORIA - MAIS SOBRE A UNESCO  

MAGOSTO 2022_23

Un ano máis, este xoves día 10, celebramos o magosto!

Unha xornada de festa!! Con xogos tradicionais, a música da "UkeBand", e os "Ghaiteiros ramalloseiros", as brasas para as castañas asadas e un feixe de actividades, fixeron as ledicias dos nenos/as e familias do cole que nos acompañaron.

Podedes premer na imaxe para ver todas as fotos e vídeos deste fermoso magosto!!

Magosto 22_23

 

 

 

Preme aquí se queres ver os vídeos: ver vídeos

SAMAÍN 2022_23

Un ano máis, no centro celebramos a rachar o noso SAMAÍN!!

E na área de inglés o noso irmán anglosaxón, HALLOWEEN!!

Podes coñecer máis sobre a orixe desta festa no video desta publicación.

Como xa sabedes, debido á predicción meteorolóxica tivemos que cancelar a celebración conxunta do magosto.

Agradecer ás familias a vosa colaboración na xa habitual e espectacular exposición de cabazas. Así como noutras actividades planificadas; merendas terroríficas, "disfraces"... O mesmo en canto á implicación de todo o profesorado e do espectacular equipo de cociña que temos. Que volveron a ofrecer aos nenos/as un menú terrorífico, rico rico.

Destacar tamén a actuación intinerante polas aulas do centro da nosa "Uke-Band". Que deleitaron a todo o alumnado co noso himno oficial desta festa. O "SamaGosto".

Premendo na seguinte imaxe poderedes ir vendo un montón de momentos divertidos que viviron as vos@s pequechos!!

Aínda non están todas, pero pouco a pouco iremos achegando todas as fotos ao mesmo enlace.

Samaín 2022_23

Descubre esta nova e molona canción do Samaín""

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

HOXE, 24 DE OUTUBRO, CONMEMÓRASE O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, CO LEMA "ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR". QUE IMPORTANTE É ESCRIBIR PARA SER LIDO, PARA REXISTRAR, PARA CONTAR, PARA COMUNICAR,...; NUNCA DEIXEDES DE ESCRIBIR E FACEDE MOITO USO DAS BIBLIOTECAS.

CLICANDO ENRIBA DO CARTEL, PODERÁS ACCEDER Á PAXINA XERAL DE BIBLIOTECAS ESCOLARES E VERÁS UNHA EXPLICACIÓN E AUTORA DO MESMO.

            

 

ADXUNTAMOS A CARTA QUE SE COMPARTIU CO ALUMNADO EXPLICANDO QUE NON É POSIBLE ABRIR A BIBLIOTECA POR MOR DUNHAS OBRAS QUE SUPORÁN UNHA AMPLIACIÓN DE RECURSOS, QUE PRONTO SE DARÁ A COÑECER

PREMIO "PROXECTO DIDÁCTICO ANTONIO FRAGUAS"

Hoxe foi un día moi moi especial! Recibimos nada máis e nada menos que o premio do “Proxecto didáctico Antonio Fraguas”.
Un recoñecido galardón que vai pola súa XII edición, organizado pola Fundación Antonio Fraguas e patrocinado pola Secretaría Xeral de Política lingüística.
O proxecto que presentamos “EcoParloTeo; froitos da terra”, ten un marcado carácter multidisciplinar, por abarcar diferentes eidos da nosa lingua, música, historia, tradición, natureza autóctona/ecoloxía…
Grazas a esta importante dotación económica e apoio loxístico voará máis alto que nunca, para desembocar en setembro/outubro do 2023 nunha macro exposición no Museo do Pobo Galego, na que os protagonistas serán os nosos alumnos/as e todo o traballo realizado ata agora, e o que virá durante o vindeiro curso escolar.
Grazas unha vez máis a toda a xente da Fundación, O Museo do Pobo Galego, a Secretaría Xeral de Política Lingüística…
Este recoñecemento é moi importante para todos os Ramalloseir@s!!

PREMIO ANTONIO FRAGUAS

Nota de prensa

O GALEGO NA HISTORIA (Radio Ramalloseir@s)

 

 

 

ESPECIAL RADIO RAMALLOSEIR@S

SAN XOAN 2022

Compartimos unha fermosa actividade dos compañeiros de "Ponte nas Ondas" para aprender un feixe de cousiñas do noso máxico San Xoan.

San Xoan

Hª San Xoan

Preme na imaxe para coñecer a orixe desta festa, que non é nin de orixe Romana, nin Celta, senón que se remonta probablemente ao neolítico.

E tamén podedes bailar e cantar esta fermosa canción sobre esta festividade!

Proxecto "Recollida das imaxes e podcast do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués" (Ponte nas Ondas)

Premede na imaxe para ver todo o traballo realizado neste Proxecto; Fotografías das familias, programa de radio, presentacións coas fotos...

1º CERTAME, "PROXECTO CÓNTAME UN CONTO"

Esta semana tivemos a oportunidade de vivir uns momentos máxicos no "1º Certame" do Proxecto "Cóntame un Conto", promovido polo "Museo do Pobo Galego" e a "Fundación Antonio Fraguas" a través do APOI. A gala celebrouse no maxestuoso "Teatro Principal" de Compostela e estivo cargado de emocións!!
Os ramalloseiros levamos contos, música en directo, música na rúa,... Ata aproveitamos para facer unha tournet cultural no casco histórico co profe Xabi.
Mil grazas a todo o alumnado, profesorado e familias que participaron no proxecto. E tamén aos discentes implicad@s ao máximo nas actividades musicais; "Grupo de música tradicional", Tanxugueiriñas", "Galeg@s troupe".... Son todo un exemplo a seguir!!
Xa podedes ver o vídeo resumo da actividade, os contos e outra info do proxecto premendo na seguinte imaxe:
CÓNTAME UN CONTO_CERTAME
Distribuir contido


by Dr. Radut