Skip to Content

Novas

DÍA DA POESÍA

Comezou a primavera cun bonito día de sol, e aproveitamos a sacar os libros de poesía para amenizar e enriquecer o lecer das crianzas no día da conmemoración deste tipoloxía de textos. Foi unha fermosa maneira de estrear os bancos e mesas que agora locen no patio, sendo ocupadas por rapaces que adicaban uns minutos a ler poesía.

Tamén dende a biblioteca, ofreceuse a posibilidade, a quenes quixeran, de recitar en voz alta (co axuda dun micro e altavoz) algún poema e/ou estrofa poñendo en valor este texto literario e ambientando os oídos dos que escoitaban.

        (clicar na seguinte imaxe dos libros temáticos para ver máis fotos)

   

 

Un grupo de crianzas de 4 anos de educación infantil, animáronse a crear uns pareados a partir dunhas palabras escollidas por eles; "tesouro e diamante". Cadaquen escolleu cal rexistrar e ilustraron dito poema como desexaron.

 

 

8M- DÍA DA MULLER

A data do  DÍA DA MULLER, é tamén unha conmemoración sobre a que se traballa nos centros escolares, aínda que desexamos que co paso dos anos sexa máis con motivo de festexo e logro polos valores da igualdade, do respecto e tolerancia cara ás persoas como ser humano, ca con sentido reinvidicativo e de loita polos dereitos e oportunidades do xénero feminino.

  FONDOS que poden servir como punto de partida para o diálogo ou outras propostas

Dende as aulas, este 8M, foi abordado con distintas propostas moitas delas iniciadas e que se seguirán traballando. Compartimos algunha delas:

-- Mural con imaxes de traballos que se considera, calquera persoa pode desempeñar hoxe en día, acompañadas de verbas que apoien a igualdade entre ambos sexos, o respecto, a tolerancia, o amor,o desexo de ter unha familia,.. . Previamente explicouse a orixe dos símbolos feminino e masculino, e comentaron a evolución e os logros que se foron acadando dende moitos anos atrás, a nivel laboral, de dereitos, de respecto,... da muller.

                                 HAI ANOS

          

                                        NOS NOSOS DÍAS

         

-- "DE MAIOR SEREI O QUE QUEIRA SER". Un mural que reflicte no debuxo o que cada crianza desexa ser de maior e así o expresan no video que podes visionar a continuación

                      

                  

- Outro alumnado de 4º iniciaron un traballo sobre banda deseñada e mulleres importantes, o resultado xa o mostraremosSorriso

 

- O debate tamén estivo presente noutro grupo, que tivo como base a lectura do conto proposto por Manos Unidas "LA ORQUESTA ARMONÍA", que lles incitou a falar dos estereotipos  cando se xulga aos demais, as diferenzas enriquecen e melloran o grupo, tomar conciencia de mudar comportamentos e actitudes,... para avanzar nun mundo máis tolerante, máis respectuoso,...

 

- As crianzas de 5ºEP, investigaron se houbo mulleres dentro das Irmandades da Fala, ao saíren só homes nas fotos das xuntanzas. Titularon o seu traballo: As Irmás da Fala. Descubrion que elas tamén participaban nos debates políticos e loitaban polos seus dereitos como cidadás cando aínda nin se recoñecera o voto feminino.

En conxunto, os grupos B e C, xogaron a descubrir quen eran as mulleres dunhas fotos que había nas aulas. Elaboraron murais e explicaron o motivo de seren pioneiras galegas.

  

 

 

 - Pola súa parte unhas crianzas dun grupo de 6ºEP, na súa materia de proxecto competencial, tamén abordaron a temática do día da muller, partindo do persoal. É dicir, pensaron a que se querían adicar de maiores e logo buscaron unha muller importante e/ou pioneira nese oficio e recolleron a busca de información delas en forma de presentacións.
Así pódese ver nos seguintess adxuntos, a mulleres importantes como:
   * a bombeira Mª Luisa Cabañero (por ex. dobre record Guinness en augas abertas na dobre travesía do Estreito de Xibraltar sen neopreno)
   * a mestra Mª de Maeztu (quen renovou o sistema educativo no 1900)
   * a policía Mª Fernanda Tamayo (1ª muller en ascender a Xenerala Inspectora da Forza Pública)
   * a enfermeira Dorothea Dix (defendeu aos enfermos mentais indixentes)
   * a veterinaria Mª Josefa Cerrato (1ª muller española en acadar un título universitario como Veterinaria)
 
  

HOMENAXE Á NOSA QUERIDA ROSALÍA

DENDE O NOSO CENTRO, NON QUERÍAMOS DEIXAR PASAR UNHA CONMEMORACIÓN IMPORTANTE, COMO É O ANIVERSARIO DA NOSA GRANDE E QUERIDA ESCRITORA GALEGA, ROSALÍA DE CASTRO.

      

- XOGO MUSICAL:

Elaborouse un xogo co obxectivo de emparellar poemas musicados por diferentes artistas con distintos estilos musicais, con poemas escritos pola homenaxeada, tendo que escanear o código QR que acompaña a cada artista para escoitalo e logo asociar co poema que tocase, coa intención de que servise de excusa para ler /recitar algúns dos seus poemas e paralelamente, descubrir estilos musicais e artistas galegos.

       

(premede na imaxe para ver como xogaban un grupo de crianzas e outras actividades que fixeron)

OUTRAS PROPOSTAS QUE SE TRABALLARON DENDE AS AULAS:

(COMENTAMOS ALGUNHAS DELAS)

 

- Os fondos dos que dispón a biblioteca, espuxéronse para ser consultados

  

- O Alumnado de 6º EP aproveitou os ordenadores na aula de polos creativos, para buscar información da vida e obra da escritora e logo facer as súas presentacións

   

- O alumnado de 5º EP fixo uns cartaces con versos sobre as escritora, en formato banda deseñada.

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

- O alumnado de 1ºEP, fixeron un pequeno libriño con algunha información relevante da autora

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 - O grupo de crianzas de 6º de EI, andiveron traballando algúns poemas a través da música, sobre todo, aqueles musicados por artistas que apadriñan algunhas aulas do cole neste curso, como Astarot, Uxía Senlle, De Vacas, Gaudi Galego

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

- Decorouse un fermoso cadro da escritora. Retrato de Luisa Carnés, que luce no mural conxunto na entrada do centro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

- Alumnado de 5ºEI, tamén traballaron entre outras actividades, sobre o poema "PARECE UNHA ROSA",  e fixo unhas fermosas creacións da súa figura humana.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

- MURAL ROSALIANO:

Así de fermoso loce o mural sobre ROSALÍA DE CASTRO, cuns fermosos corazóns aludindo ao lema deste ano "O AMOR DA PATRIA GALEGA" (decorados por crianzas de infantil) de cara a esta poetisa galega

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                           GRAZAS POR SEMPRE SUPER ROSALÍA!!!Sorriso

ENTROIDO 23-24: "Os musicais"

Entroido 23-24 Banner

Premede enriba da imaxe para entrar en todos os contidos desta edición (vídeo, fotos,..)

Seguimos engadindo recursos

MUSICAIS NO ENTROIDO

Este curso a temática do proxecto anual é a música, por iso decidiuse elixir os MUSICAIS como idea para disfrazarse no entroido.

Mans á obra: cada nivel escolleu un musical para interpretar co alumnado desa idade, informáronse sobre o mesmo, acordaron como facer o cartel publicitario para o decorado, prepararon a coreografía que escenificar o día do festival, o 9 de Febreiro diante da comunidade educativa.

O decorado cos carteis dos musicais ambientaba o pavillón para que lucisen as coreografías respectivasSorriso

 

(Preme na seguinte imaxe para ver os vídeos das actuacións de cada curso)

  

  

    

O alumnado de 6º EP, aproveitou a repartir entradas entre as familias a cambio dun donativo voluntario, como colaboración para a excursión final de curso e etapa.

CLAUSURA DOS 21 DÍAS EN GALEGO E+

--- CLAUSURA DO PROGRAMA "21 DÍAS CO GALEGO E +", NO MARTES 6 DE FEBREIRO

O NOSO CENTRO FOI ELIXIDO PARA REMATAR ESTE PROGRAMA QUE PRETENDE INCENTIVAR O USO DO IDIOMA GALEGO. FOI UN PRACER RECIBIR DE NOVO Á ALCALDESA DO CONCELLO, ESCOITAR AO DIRECTOR E AO COORDINADOR DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NO COLE E TAMÉN NESTA OCASIÓN, A XESÚS FERRO RUIBAL (MEMBRO NUMERARIO DA RAG) E VALENTÍN GARCÍA ( SECRETARIO XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA)

VESTIMOS A CAMISETA QUE NOS AGASALLARON POLO PROGRAMA

      

VISIONAMOS ALGÚNS VIDEOS DE AGRADECEMENTOS DE  ARTISTAS OU GRUPOS GALEG@S QUE ELIXIMOS COMO PADRIÑOS E MADRIÑAS DE DIFERENTES AULAS, ENTRE ELES, DA NOSA UXÍA LAMBONASorriso

VOLVEMOS CANTAR A CANCIÓN "MÁIS GALEGO" DA NOSA BANDA PREFERIDA E O BROCHE FINAL O PUXO O GRUPO MUSICAL "A GRAMOLA GOMINOLA"

    ( CLICAR NA IMAXE PARA VER OUTRAS MÁIS)

PRESENTAMOS A NOSA ÁRBORE MUSICAL DA LINGUA, CON VERBAS EN GALEGO RELACIONADAS CO PROXECTO MUSICAL DE TODAS AS AULAS, QUE DEBEMOS REGAR CADA DÍA PARA QUE  NON SE DEIXE DE USAR O GALEGO; HAI QUE FALAR, FALAR E FALAR EN GALEGO.Sorriso

                 

FIXEMOS A RECOLLIDA DE  DITOS RETRANQUEIROS COA AXUDA DAS FAMILIAS, PARA QUE NON SE PERDAN, E AS CRIANZAS POIDAN COÑECELOS.

ANDIVEMOS XOGANDO A EMPARELLALOS E A XUNTAR O DITO CO SEU SIGNIFICADO AO TEMPO QUE USAMOS A BEEBOT

                                     

                                      

 

  O seguinte video é unha montaxe de todos os ditos recollidos no cole; grazas familias 

RADIO RAMALLOSEIROS - "21 DÍAS COGALEGO E+"

QUE SE EXPANDA A PAZ

Unha data no calendario escolar que lle adicamos todos os cursos, momentos de reflexión e traballo é a conmemoración do Día da Paz, aínda que desexamos que se lembre cada día, procurando o diálogo e a tolerancia no centro e alá polos espazos nos que nos desenvolvemos, procurando un mundo mellor entre todos e todas.

Neste caso, o alumnado do 2º ciclo de E.I., recrearon o símbolo da Paz coa estampación das súas mans, e rechearon a pomba da Paz utilizando a técnica do collage coa mestra de arte.

Tamén como actividade internivel e fomentando o compañeiro e as lecturas compartidas, dúas aulas de alumnado de 5º EP, leron contos de valores aos máis pequen@s do colexio, compartíronlles debuxos, pegatinas,...

 

 

NOVO ESPAZO - FONOTECA

Estamos moi content@s, pois chegaron en forma de agasallo de Reis, os novos carteis que se elaboraron para sinalizar os distintos espazos do centro, relacionados coa biblioteca ou anexos a esta: para o propio espazo da biblioteca. para a ludoteca, os polos creativos, a radio escolar ou a fonoteca; chulísimosSorriso

Aproveitamos  para indicar que creamos un espazo máis, do que poden desfrutar as crianzas no tempo de lecer, como é a FONOTECA, para escoitar música en momentos de ocio; unha proposta que se enmarca ademais dentro do proxecto musical que está en marcha neste curso actual.

 

   

 

 

Certame de Arte Escolar - Fundación Granell

As pequenas e pequenos grandes aristas de Educación Infantil e Primaria, partillamos con vós con grande emoción as nosas creacións elaboradas para o "Certame de arte escolar da Fundación Granell". Este ano co tema de "Granell, natureza e medio ambiente". Temática do noso Proxecto de Escola Verde: "EcoTeo; Ramalloseir@s coa natureza"

Podedes visitar a EXPOSICIÓN durante todas as vacacións de nadal no Museo Granell, ubicado no Pazo de Bendaña (Praza do Toural - Compostela). Ademais do agasallo de nos expoñer todos os nosos traballos, tres dos participantes obtiveron premio. André Rey Álvarez na categoría de construción, Sergio Castro Baliñas en debuxo e Alba Martínez Gómez en collage.

Distribuir contido


by Dr. Radut