Skip to Content

Novas

NOVO ESPAZO

Estamos moi content@s, pois chegaron en forma de agasallo de Reis, os novos carteis que se elaboraron para sinalizar os distintos espazos do centro, relacionados coa biblioteca ou anexos a esta, como ludoteca, polos creativos, radio escolar ou fonoteca, entre outros; chulísimosSorriso

Aproveitamos  para indicar que creamos un espazo máis, do que poden desfrutar as crianzas no tempo de lecer, como é a FONOTECA, para escoitar música en momentos de ocio; unha proposta que se enmarca ademais dentro do proxecto musical que está en marcha neste curso actual.

 

  

 

 

PRESENTACIÓN DO "CLUBE DE CONVIVENCIA"

O alumnado da Ramallosa síntese comprometido coa convivencia! Así o afirmaron onte no acto de presentación do noso "Clube de Convivencia", un organismo democrático e asambleario formado por:

 

- "Coordinadores de préstamo de material de xogo"; que colaboran para que o tempo de recreo sexa un momento de diversión e desconexión. 

- "Colaboradores de Biblioteca"; que axudan a manter o funcionamento da nosa biblioteca.

- "Mediadores escolares"; que resolverán os posibles conflictos que poidan xurdir no tempo de patio de forma cooperativa e restaurativa.

- "Guardiáns de corredor"; que velarán para  que as entradas e saídas no cole sexan da forma máis ordeada posible.

 

Un compromiso libre e voluntario, onde o alumnado,  de maneira desinteresada e colaborativa,  todos unidos e unidas aseguramos que a nosa convivencia sexa cada vez mellor. 

Grazas a todos e todas!

 

 

NÓS APUNTÁMONOS AO BO TRATO, E TI?

Un ano máis, quixemos facer partícipes ás crianzas, na conmemoración do "DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO".

                    

Dado que neste curso, a nosa temática de proxecto anual é a música, plantexouse como proposta de actividade, buscar unha canción na que o xénero feminino: fose motivo de ofensa, de desprezo, considerada obxecto sexual, se faltara ao respecto,...; é dicir, que servise ás crianzas como tema de debate, de crítica, de reflexión,... sobre como as letras das cancións tratan ás mulleres. Aínda que tamén se empregaron fotos para traballar sobre este triste tema.

Cada aula reflexou esta actividade nun mural expositivo, recollendo as reflexións en formato de bocadillos (xa que a banda deseñada é un dos textos que se está traballando e se vai traballar en moitas titorías)

Todas as cancións elixidas, que foron motivo de análise, merece moito a pena valoralas, porque certamente se cantan sen dar conta do trasfondo da letra.

                (cliclar nas imaxes para ver máis fotos e un video con todos os carteis)

 

- Dende o obradoiro de arte, o alumnado de infantil xunto coa súa mestra Marisa, levaron a cabo unha instalación artística, onde reflexaron dita temática.

- Quixemos incentivar nas crianzas conductas e actitudes que provoquen e favorezan o bo trato cos demais xerando un ambiente cordial, e agradable no que guste compartir e desfrutar cada xornada, simplemente dando as grazas a alguén,  pedindo perdón, dicíndolle quérote ou facéndolle saber que pode contar contigo cando o precise.

Os corredores inundáronse de verbas de bo trato para que foran usadas con quen considerasen oportuno, e sabemos que nalgún caso, provocaronse lágrimas e emocións cando manifestaron os motivos de dar grazas ou de pedir perdón; con iso, xa mereceu a pena esta iniciativa.

 

  APÚNTATE AO BO TRATO E NON AO MALTRATO!

DÍA DA CIENCIA NA NOSA BIBLIOTECA

DADO QUE NOVEMBRO É O MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS, CONSIDERAMOS PROVEITOSO, DENDE A NOSA BIBLIOTECA, PROPOÑER NO PROPIO DÍA 10 DE NOVEMBRO, "DÍA MUNDIAL DA CIENCIA", ALGÚNS XOGOS QUE INCENTIVASEN NAS CRIANZAS ALGUNHAS HABILIDADES CIENTÍFICAS FUNDAMENTAIS COMO A CREACIÓN, A EXPERIMENTACIÓ E O RAZONAMENTO. E DADO QUE FORON DO AGRADO DE MOITAS CRIANZAS, MANTERANSE DITOS XOGOS DUNHA UNHA SEMANA, PARA QUE POIDAN SER GOZADOS POR TODO O ALUMNADO.

   

 

 

 

AMBIENTANDO O SAMAÍN COA LECTURA

Nas datas do Samaín, é tamén un bo momento para sacar os libros de medo dos estantes e ambientar as lecturas con historias máis ou menos terroríficas.

Así o quixeron aproveitar un grupo de alumnado de 5ºEP, que compartiron unhas lecturas co alumnado de infantil. Repartiron as crianzas por grupos e buscaron lugares polo centro (aula, corredor, patio, biblioteca) para contarlles as historias que escolleran, incluso algúns pintaronse as caras para caracterizarse, ou fixeron títeres para motivar e buscar a atención nos máis pequen@s; foi un momento ben interesante e bonito para ambas partesSorriso

 

 

24 DE OUTUBRO - DÍA DAS BIBLIOTECAS

Cada 24 de outubro é unha data sinalada para as bibliotecas e así o quixemos facer saber a toda a nosa comunidade educativa.

                                           

Dende a nosa biblioteca, quixemos aproveitar para dar a coñecer a temática do proxecto anual sobre o que imos aprender neste curso. E ademais nesta ocasión, comunicamos tanto a temática proposta por nós, que será a MÚSICA, como dende a Asesoría de bibliotecas que será a BANDA DESEÑADA; ambas ideas poden complementarse e enriquecerse.

Esa mañá, cada aula tiña proxectado nas pantallas, como saúdo de bos días, un cartaz que foi deseñado polo alumnado dun grupo 5º EP. Nel aparecían a mascota da biblioteca e a do comando verde (que se creou neste curso), mantendo un diálogo, presentado en formato banda deseñada. Acompañado dun exemplar de banda deseñada como enganche, como incentivo para introducir este texto.

Houbo aulas que tamén aproveitaron para comentar as normas de uso dunha biblioteca, a partir da lectura do fermoso conto "león de biblioteca", ed. Ekaré

 

Incluso houbo grupos de alumnado que aproveitaron para ir buscar fondos de banda deseñada, na biblioteca, para poñerse xa mans á obra en crear cómics.Sorriso

Tamén vironse crianzas quen tiveron momentos tranquilos de compartir un ratiño acompañado cun conto

 

EXTRA, EXTRA!!

          BENVIDOS A TODOS E TODAS E BO CURSO!!!

Un curso máis, seguimos dinamizando a nosa biblioteca e compartindo as nosas propostas

Uns días antes comunicamos a desexada e extraordinaria nova que esperaban as crianzas: APERTURA DA BIBLIOTECA

              

O máis importante para quenes tratamos de dinamizar a biblioteca do centro é que o alumnado goce e desfrute usando a biblioteca e os recursos que se ofrecen.

Este curso, retomamos como novidade, a colaboración de alumnado de 5ª e 6º de primaria como axudantes para dinamizar a biblioteca nos momentos de ocio: axudar na ordenación dos fondos e ás demais crianzas na busca dalgún fondo, en manter a orde nas zonas de xogo de mesa e na biblioteca, propoñer ideas de actividades a realizar,...

 

 

DOBRE PREMIO NO VI CERTAME DAS IMAXES DO PATRIMONIO PNO

Máis que agradecidos por este dobre recoñecemento para @s Ramalloseir@s!!

É un orgullo formar parte do colectivo “Ponte nas Ondas” e aportar o noso granciño de area a prol da recuperación do noso patrimonio cultural.

Grazas compañeir@s ❤️

Parabéns a todo o alumnado e equipos docentes de Galicia e Portugal participantes no certame.

PREMIOS DO CENTRO:

- 2º PREMIO “VI Certame das Imaxes do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués”: Parabéns á nosa alumna “Alexandra Pedreira Fdz” polo seu traballo coa foto “Guerra Civil española” ❤️

- PREMIO ESPECIAL DO JÚRI: É un orgullo recibir tamén unha das dúas mencións especiais ao “mellor traballo de centro” co noso proxecto “Anaquiños de onte vistos cos ollos de hoxe”. Neste seso, é de xustiza resaltar e agradecer o grandísimo traballo levado a cabo polo profe Xabi. Grazas Ramalloseiro!! Eres moi grande!!

Partillamos un vídeo-resumo de todos os traballos presentados ao certame.

Tamén podedes escoitar na nosa canle de radio escolar o programa de radio gravado para o proxecto.

 

CONSULTA AQUÍ TODOS OS PREMIADOS POLO XURADO DE "PONTE NAS ONDAS"

VICERTAME PNO

ESCOLA VERDE (Vídeo final) "Día Mundial do Medio Ambiente"

Con este vídeo pechamos o traballo de centro co "Proxecto Escola Verde", neste curso escolar 2022_23.

Desta volta cunha montaxe conmemorativa sobre o acto que fixemos no "Día Mundial do Medioambiente",

e centrada nun dos obxectivos primordiais do equipo docente. Algo tan importante como facerlle ver aos

discentes e ás familias a importancia dos tres "R"; ReducirReciclarReutilizar.

Facendo especial fincapé no relativo á redución no consumo de plásticos dun só uso!!

Fixemos un traballo integral, icentivando diversas dinámicas entre a comunidade educativa neste senso;

recollida e clasificación de lixo, fomento de "merendas sen plástico, concienciación sobre

o dano que producen ao planeta estes resíduos, a súa afectación aos seres vivos,...

Por suposto, todo este traballo vai ligado a outros moitos eixes deste extenso proxecto;

Horto Escolar, Aromáticas e insectos, Xardín da Esperanza, Brigadas de limpeza, reconto

e clasificación de resíduos, proxecto "Limpa os teus Ríos,... 

LONGA VIDA Á ESCOLA VERDE!!

A HORTA DO RATIÑO

O alumnado de Valores de 6ºC escolleu un conto na nosa biblioteca para facer unha adaptación teatral. Fixo o vestiario, decoración, maquillaxe e procuraron a música. Colaborou o alumnado de Relixión nos ensaios, na elaboración das entradas para as crianzas de Infantil e foron @s encargad@s de recoller as entradas e acomodar @s nos@s peques de 3, 4 e 5 anos. A obra estaba relacionada coa Escola Verde e empregaron material de refugallo para faceren a decoración e o vestiario.

Foi todo un éxito! Grazas, artistas!

  

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut