Skip to Content

Letras Galegas

Kahoot sobre Antón Fraguas

Pasado o Día das Letras Galegas, realizamos un custionario en Kahoot para avaliar a aprendizaxe do noso alumnado en relación ao traballo de documentación realizado sobre o autor homenaxeado neste ano: Antón Fraguas.

Letras Galegas 2019

O 16 de maio celebramos na biblioteca do cole o Día das Letras Galegas para homenaxear a Antón Fraguas coa realización das seguintes actividades:

  • Visionado do vídeo da súa vida e obra realizado polos compañeiros do CPR Sa Pío X.
  • Representación da obra de Antón Fraguas "A pulga e o piollo" polo alumnado de Ed. Infantil.
  • Interpretación polo coro do cole das seguintes cancións:
  • Entrega de agasallos do concurso de fomento do emprego do Galego que organizou o EDL do Centro.

Obra de teatro "A voda da pulga e o piollo":

 

Recursos didácticos

Presentación sobre a vida e obra de Antón Fraguas

;

Ver a toda páxina


Máis recursos educativos sobre Antón Fraguas


 

 

 

Antón Fraguas (2019)

"O antropólogo, xeógrafo e historiador Antonio Fraguas Fraguas naceu o 28 de decembro de 1905 na vila pontevedresa de Cotobade. Sendo estudante de bacharelato fundou a Sociedade da Lingua para a defensa do noso idioma e a elaboración dun dicionario.

En 1928 formou parte do Seminario de Estudos Galegos que foi clausurado pola ditadura militar despois da Guerra Civil.
Tamén foi membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, do que chegou a ser director da Sección de Etnografía e Folclore.

En 1951 entrou a formar parte da Real Academia Galega, ocupando o posto de Alfonso D. Rodríguez Castelao.

Dirixiu o Museo do Pobo Galego ata o seu falecemento en 1999".

(Recuperado de Seminario Galán)


RECURSOS


Letras Galegas 2018

Na semana das Letras galegas contamos coa presenza dos nosos veciños do CIFP Portovelo, na biblioteca do noso centro para interpretar varias pezas musicais para violín entre as que ían intercalando a recitaxe de versos dos poemas "Os vellos non deben de namorarse" e "Adeus ríos, adeus fontes".

Nos agasallámolos cun marcapáxinas da autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas que levaba impreso nunha das súas caras o poema de Mª Victoria Moreno "Xa non teño medo". Todo o alumnado do centro participou nunha versión rapeada deste poema.

Asemade, o alumnado de 3º e 5º volveu a representar na biblioteca a obra de teatro "Ondiñas que veñen e van" coa que participou nos XXIII encontro de teatro escolar de Bande.

Versión rap do poema "Xa non teño medo"

GALERÍA DE IMAXES

María Victoria Moreno (2018)

A escritora María Victoria Moreno Márquez, filla de Vicente, militar, e Sara, mestra, naceu na cidade cacereña de Valencia de Alcántara o 1 de maio de 1939.

Estudou o bacharelato en Barcelona e Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid cos profesores Rafael Lapesa e Dámaso
Alonso.

Con 22 anos trasladouse a Galicia para dar clases de Lingua Española en institutos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. Nesta cidade traballou nos IES «Valle Inclán» e «G. Torrente Ballester».

Foi unha gran defensora do galego, idioma no que escribiu a gran maioría da súa obra literaria.

A súa primeira publicación foi «Mar Adiante», en 1973. Dous anos despois, gañou o 1º Premio do Concurso de Contos Infantís O Facho coa obra «O cataventos».

A súa producción literaria en galego é enorme e a maioría adicada aos lectores máis novos: «Anagnórise», «Leonardo e os fontaneiros», «E haberá tirón de orellas?», «Guedellas de seda e liño», «Eu conto, ti cantas», «A brétema»...

O 22 de novembro de 2005, aos 66 anos, finou na cidade de Pontevedra.

Este ano a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras 2018 polos libros que escribiu e pola defensa do noso idioma.

Texto orixinal do Seminario Galán

"Silencio!!... se rueda.

Dentro do PDI deste curso 2016-2017,  desde a aula de apoio, traballamos o máxico e fascinante mundo das artes escénicas: “Silencio! … se rueda”.

Os Mestres de A.L e P.T. programamos una serie de actividades tendo en conta os obxectivos propostos  na programación. A continuación facemos una breve descrición das mesmas:

  • O alumnado de Primeiro de Primaria,  xunto a ao de Audición e Linguaxe  fixeron unha adaptación do conto “EL OTOÑO DEL ÁRBOL CASCARRABIAS”. Fixemos a lectura deste conto e do conto “EL ÁRBOL QUE NO TENÍA HOJAS” e os nenos e nenas escolleron as personaxes que máis lle gustaban e fixemos unha pequena adaptación dos contos para ser representada a través dun teatro de monicreques.
    Cada alumno escolleu unha personaxe e creouno con diferentes materiais axudados por dous alumnos de 3º de Primaria: debuxo, coloreado, papeis de distintas texturas, goma eva, paus de cores, ceras, témperas, pegatinas,…
    Elaboramos o decorado axudados por un alumno de 6º de Educación Infantil.
    Memorizaron os diálogos e preparamos a representación da obra para actuar diante de todo o alumnado do Centro o día do Libro na nosa biblioteca.
  • Pretendiamos crear unha curta coa técnica de Stop Motion sobre o libros de Carlos Casares titulado “O galo de Antioquía”. Antes de traballar co libro, realizamos un pequeno proxecto documental sobre a lenda da Lagoa de Antela que é de onde xurde a historia deste galo. Para elo empregamos unha webquest que guiou todo o proceso, sendo o produto final deste traballo documental un cartaz que con realizade aumentada nos ofrece información audiovisual sobre a lenda e orixe do galo de Antioquía.
  • Seguimos avanzando no coñecemento da obra de Carlos Casares para o cal realizamos unha pescuda de información empregando códigos QR que resultou moi motivadora para o alumnado.
  • Para avaliar todo o aprendido, gamificamos a avaliación a través da ferramenta da web 2.0 de Kahoot.

Foi unha mágoa que o produto final que pretendiamos elaborar non chegara a bo témino, xa que por falta de tempo non fomos quen de realizar a curta. … pero para o ano próximo será coa primeira actividade que comecemos para darlle continuidade ao traballado este curso.

Radio Sueiro

Galeria

O alumnado de 6º curso elaborou un programa de radio, ao longo do mes de maio, con motivo das Letras Galegas. Nel tiveron o previlexio de entrevistar a Carlos Casares, escritor ourensán homenaxeado este ano.

Os meteorólogos do Sueiro facilitaron os datos da súa estación metereolóxica para dar as novas do tempo no programa.

Na seguinte ligazón tedes acceso ao podcast integro do programa:

Gamificando a Carlos Casares

O alumnado de 4º de Ed. Primaria, durante a Hara de ler, realizou unha actividade de gamificación ou ludificación que tiña por obxecto avaliar as aprendizaxes adquiridas ao longo do mes de maio sobre a figura do autor homenaxeado nas Letras Galegas: Carlos Casares.

Nesta ocasión aproveitamos o potencial da ferramenta da web 2.0 de Kahoot, tamén dispoñible para dispositivos móbiles. O equipo de dinamización lingüística do centro elaborou un Kahoot con 20 items no que participou dito alumnado.

Como premio final, fixemos entrega de diplomas para recoñecer o seu esforzo e dedicación.

Ao remate de dita actividade realizamos unha sesión de avaliación e posta en común, sobre a mesma, e nunha escala de valoración de 0 a 10 (0=nada, 10=Moito), o alumnado, valorouna cunha media de 9,4 puntos, sendo a moda da enquisa o valor 10.

Visto o éxito volveremos a empregar esta metodoloxía noutras temáticas traballadas na aula.

Pescudando sobre Carlos Casares

Unha das tarefas que realizamos na Hora de Ler no mes de maio para conmemorar a homenaxe nas Letras Galegas a Carlos Casares foi a realización dunha pescuda ou caza do tesouro por medio do emprego de códigos QR para facilitarlle as pistas que tiñan que seguir. A actividade titulábase "De que libro falamos".

Como non dispoñiamos de dispositivos móbiles para todo o alumnado, tamén  facilitamos as tarefas en formato web para que así todo o alumnado tivese acceso a esta actividade de gamificación do proceso educativo.

A experiencia resultou ser un éxito, xa que a maioría do alumnado chegou ata o final da mesma. Para premiar e recoñecer o seu esforzo e dedicación, ao reamate da mesma, fixemos entrega de diplomas a todos os participantes.

Unha vez rematada a pescuda, fixemos unha sesión de avaliación e posta en común onde o alumnado manifestou o seu grado de satisfacción coa mesma. Nunha escala de valoración de 0 a 10 (0=nada; 10=moito) a valoración media por parte do alumnado foi de 9,5; sendo a moda de 10.

Distribuir contido


by Dr. Radut