Skip to Content

Letras Galegas

Rapeando a Xela Arias

 

O alumnado de 3º de Ed. Primaria pescudou información sobre Xela Arias e realizou un obradoiro de poesía sobre a autora homenaxeada nas Letras Galegas.

Para rematar, recitaron os seus poemas en versión rap.

Pescudando sobre Xela Arias

O alumnado de 4º de Ed. Primaria pescudou ao longo do mes de maio sobre a vida e obra de Xela Arias.

Traballaron a súa poesía e realizaron un obradoiro poético centráronse na faceta feminista da autora. Crearon, memorizaron e recitaron un poema reivindicativo da igualdade entre homes e mulleres. 

Letras Galegas 2021

Nas seguintes ligazóns tendes o acceso a algunhas das actividades realizadas na celebración das Letras Galegas 2021 dedicada a Xela Arias.:

Xela Arias Castaño (2021)

Xela Arias Castaño naceu o 4 de marzo de 1962 en Sarria (Lugo) onde seu pai era mestre de primaria. Era a primoxénita de Valentín e Amparo.

Foi inscrita co nome de María de los Ángeles, xa que daquela non se podían poñer nomes galegos. En 1984 consegue que lle recoñezan o dereito a chamarse Xela, tal como a coñecían todos.

Estudou infantil e primaria no Colexio Fingoi, de Lugo e no de Sárdoma, Moledo, en Vigo e os estudos de secundaria no IES Castelao, tamén de Vigo, cidade na que fora destinado seu pai.

Co conto A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia gañou o VI Concurso de contos Infantís de O Facho da Coruña.

Foi poeta, tradutora e profesora de Lingua e Literatura Castelá en secundaria.

A súa obra poética está recollida, principalmente en Denuncia do equilibrio, Tigres como cabalos, Intempériome e Darío a diario, dedicado ao seu fillo. Foi tradutora ao galego de obras en portugués, italia-no, inglés, castelán, francés... como As bruxas, de Roald Dalh, Contos ao Teléfono, de Rodari, O GatoGaiado..., de Jorge Amado,...

En 1986 ingresou na Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Faleceu na cidade de Vigo o 1º de novembro de 2003,aos 41 anos.

Polo seu traballo a prol do idioma galego e a nosa cultura a Real Academia dedícalle o Día das Letras de 2021.

(Recuperado de Seminario Galán)


RECURSOS EDUCATIVOS


Os nosos versos: Día mundial da poesía

O 12 de marzo os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria estivemos disfrutando dun entretido e didáctico obradoiro de poesía, coa colaboración da Concellería de Educación de Ourense.

Os obxectivos que buscamos acadar co noso alumnado foron os seguintes:

  • Recoñecer a importancia da nosa lingua, a calidade dos/as nosos poetas.
  • Descubrir a riqueza da entonación, articulación e pronunciación das palabras.
  • Fomentar o gusto pola lectura de poesía en tempo de lecer.

Primeiramente repasamos o que é unha poesía e a súa estructura, non nos esquecemos de nomear a poetisa máis ilustre para nós: Rosalía de Castro.

Logo coñecemos a Xela Arias, poetisa á que adicamos este ano o día das Letras Galegas.

Ordeamos versos de Xela Arias para formar poesías, logo escollemos catro palabras coas que fixemos as nosas poesías, as que voaron ao transformaren un simple papel nun avión de soños.

Rematamos a actividade facendo unha chapa de Xela.

Lendo a Ricardo Carvalho Calero

Lendo a Ricardo Carvalho Calero autor homanaxeado nas Letras Galegas do ano 2020.

Recursos educativos


MÁIS RECURSOS EDUCATIVOS SOBRE CARVALHO CALERO


 

Ricardo Carvalho Calero (2020)

Imaxe orixinal de Carlos Rodríguez (Seminario Galán)Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol (A Coruña), o 30 de outubro de 1910. Era o fillo maior de M.ª Dolores e Gabriel Ricardo.

Os seus primeiros estudos foron nun colexio da rúa Magdalena e despois no Colexio Sagrado Corazón de Xesús, dirixido polo escritor Manuel Comellas. Fixo o bacharelato por libre e trasladouse a Compostela a estudar na súa universidade.

Foi un gran defensor do idioma galego e membro do Seminario de Estudos Galegos onde coñeceu a Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Cuevillas...

Traballou en moitas revistas galegas: A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color...

En 1965 incorporouse ao Instituto Rosalía de Castro de Santiago e, como profesor contratado, á universidade compostelá da que se converteu no seu primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega.

É autor de "Gramática elemental del gallego común" e de obras de teatro, poesía, novela e moitos estudos sobre a lingua e a literatura galega.

Defendeu a postura de que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa.

Faleceu en Compostela no ano 1990.

Polo seu labor en defensa do idioma e cultura galega a Real Academia Galegas dedícalle o Día das Letras.

(Recuperado de Seminario Galán)

(Imaxe orixinal de Carlos Rodríguez)

VER RECURSOS EDUCATIVOS

Kahoot sobre Antón Fraguas

Pasado o Día das Letras Galegas, realizamos un custionario en Kahoot para avaliar a aprendizaxe do noso alumnado en relación ao traballo de documentación realizado sobre o autor homenaxeado neste ano: Antón Fraguas.

Letras Galegas 2019

O 16 de maio celebramos na biblioteca do cole o Día das Letras Galegas para homenaxear a Antón Fraguas coa realización das seguintes actividades:

  • Visionado do vídeo da súa vida e obra realizado polos compañeiros do CPR Sa Pío X.
  • Representación da obra de Antón Fraguas "A pulga e o piollo" polo alumnado de Ed. Infantil.
  • Interpretación polo coro do cole das seguintes cancións:
  • Entrega de agasallos do concurso de fomento do emprego do Galego que organizou o EDL do Centro.

Obra de teatro "A voda da pulga e o piollo":

 

Distribuir contido


by Dr. Radut