Skip to Content

1º Curso

Kilómetros de solidariedade

Gran éxito na carreira de quilómetros solidarios que organizou o colexio en colaboración con Save the Children!

Nun fermoso día de sol, centos de estudantes, profesores, pais e membros da comunidade xuntáronse nunha nobre causa: correr quilómetros pola solidariedade. O evento, organizado polo colexio en colaboración con Save the Children, tivo como obxectivo recadar fondos para apoiar aos nenos máis vulnerables e promover a importancia da educación no seu desenvolvemento.

Dende primeira hora da mañá o ambiente no colexio foi de ilusión e ilusión. Os participantes reuníronse no punto de saída, vestidos con camisetas personalizadas do evento e portando os dorsais de apoio e solidariedade. Moitas familias do colexio tamén se sumaron á causa, ofrecendo o seu apoio aos corredores e corredoras animándoos en todo momento.

A carreira comezou cunha explosión de enerxía e determinación. Corredores de todas as idades desafiáronse a si mesmos, superando obstáculos e superando os seus límites persoais. As instalacións deportivas da Universidade de Ourense enchéronse de risas, aplausos e o ruído do público.

A comunidade lanzouse xenerosamente na recadación de fondos. Moitos patrocinadores e doadores uníronse á causa, aportando diñeiro para beneficiar aos nenos e nenas máis necesitadas. A solidariedade e o compromiso de todas as persoas implicadas foi inspirador, demostrando que xuntos podemos marcar unha diferenza significativa na vida das persoas que máis o necesitan.

Cando cruzaban a meta, os corredores e corredoras abrazábanse con alegría e satisfacción. Cada un deles sabía que contribuía a cambiar vidas e a dar esperanza a quen o necesitaba. Desde o cole queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas participantes e colaboradoras polo seu esforzo e dedicación, destacando que esta carreira quilométrica solidaria é só o comezo dunha serie de accións solidarias no colexio.

Os fondos recadados irán destinados aos proxectos educativos Save the Children, que buscan ofrecer oportunidades de aprendizaxe, material escolar e apoio psicosocial aos nenos e nenas en situación de vulnerabilidade. Esta colaboración entre a escola e Save the Children é unha mostra do poder transformador da educación e da solidariedade, e demostra que xuntos podemos construír un futuro mellor para todos os nenos.

En definitiva, a carreira quilométrica solidaria organizada polo colexio en colaboración con Save the Children foi un éxito rotundo.

Fame cero

Ao longo do presente curso traballamos no PDI de centro os obxectivos de desenvolvemento sostible. O alumnado de primaria centrouse sobre o obxectivo nº 2: “Fame cero”.

Para isto, investigamos, lemos, visualizamos e pensamos sobre o significado deste obxectivo, así como: o consumo responsable; a importancia dunha dieta equilibrada; e o consumo de produtos locais e de tempada.

Obxectivo xeral:

  • Fomentar hábitos de alimentación e consumo razoables.

Obxectivo específicos:

  • Mellorar a lectura e a comprensión lectora a través de diversas e variadas lecturas.
  • Coñecer lugares emblemáticos da nosa cultura.
  • Recitar poemas con boa entoación.
  • Valorar a importancia dunha alimentación saudable.
  • Extraer información a partir da lectura de textos informativos relacionados co tema.
  • Desenvolver hábitos axeitados de manipulación de libros informativos en diferentes soportes.
  • Pescudar información relacionada co ODS nº 2.
  • Procura de información na internet, con axuda de persoas adultas: imaxes relacionadas co ODS nº 2.
  • Empregar este ODS para realizar actividades transversais.
  • Reforzar a autoestima do alumnado ao comprobar e dar a coñecer aos demais o que saben.

Contidos:

  • A fame no mundo.
  • A importancia dunha alimentación saudables.
  • Consumo responsable.
  • Produtos locais e de proximidade.
  • O horto escolar.
  • Ilustración de textos escritos.
  • Xogos de linguaxe. Gamificación.
  • Creacións audiovisuais.

Temporalización:

O proxecto de desenvolverase durante todo o curso. O alumnado terá que familiarizarse tanto coas TICs como co traballo en equipo de maneira participativa.

Actividades:

Coa intención de traballar estes conceptos de maneira atractiva empregamos distintos soportes e tipos de actividades, entre as que destacamos as seguintes:

  • Para comezar, traballamos na aula a unidade didáctica elaborada polo centro sobre alimentación e dieta equilibrada.
  • Elaboramos recetas saudables na celeración do Día da alimentación.
  • Realizamos un obradoiro de alimentación saudable no que elaboramos varios pratos saudables que compartimos co resto do alumnado do centro nunha merenda saudables.
  • Participamos na exposición de Alimentarte que organizaou o EDL do noso centro.
  • Visionamos diferentes vídeos sobre o ODS nº 2 que posteriormente comentamos en grupo dentroda nosa aula.
  • Participamos na celebración da carreira solidaria realizada nas instalacións deportivas da Universisade de Ourense, kilómetros de solidariedade, para pór en valor este obxectivo da axenda 2030.
  • Potenciamos o consumo de produtos de tempada e do noso entrorno coa posta en funcionamento da nosa horta escolar.

Festa final de Ravioli

Como toda boa presentación dunha gran produción cinematográfica non puido faltar un pequeno ágape para agasallar aos principais protagonistas do traballo.

Foi un final de traballo moi divertido e pasámolo xenial comentando as nosas impresións sobre o traballo realizado.

Agora estamos agardando con expectación a presentación do noso traballo ao resto do alumnado o día final de curso.

Visionado da curta

Durante este mes de maio estivemos traballando arreo para rematar a edición da curta de Ravioli.

Foi un traballo inxente xa que cada vez que viamos a curta atopabamos algo para modificar. O máis complicado foi ter que adaptarnos aos cinco minutos máximos de duración da curta xa que a nosa ocupaba case un minuto máis do tempo permitido.

Ao final non nos quedou outra que eliminar varias escenas e moitas imaxes… aínda que pensamos que o resultado quedou bastante ben para ser a primeira vez que realizabamos unha curta desas características.

O último día do prazo para entrega da curta, realizamos unha proxección exclusiva para as persoas que participaron no proxecto que deixou abraiados a todas as persoas alí presentes.

É dicir, estamos moi contentos co resultado final do noso traballo.

Sesións de minfulness no cole

O 23 de maio realizamos de maio realizamos no centro tres obradoiros de iniciación ao mindfulnees con todo o alumnado de educación primaria para que fosen quen lograr que a súa mente fose un lugar sereno no que vivir.

Asemade, buscamos que o noso alumnado aprendese a gozar do silencio e do propio mundo interior.

Agora toca repetir estas aprendizaxes na nosa aula ou mesmamente nas nosas casas.

Degustación de produtos da nosa horta escolar

O 23 de maio realizamos unha merenda saudable a base de produtos recollidos na nosa horta escolar, e na que participou todo o alumnado e profesorado do centro.

Como a colleita está sendo moi boa, debido aos coidados cos que mantemos a nosa horta, en breves, seguro que realizamos outra merenda con máis variedade de produtos.

Estaba todo boísimo!!

Gravación da banda sonora da curta

Durante o mes de maio realizamos múltiples ensaios para preparar a gravación da canción principal da banda sonora da nosa curta que foi dirixida pola profe de música. Previamente foi elaborada a letra da canción con axuda do titor de 3º de Ed. primaria.

O resultado final podédelo observar no seguinte vídeo:

Clubs de lectura do curso 2022/2023

O funcionamento do club de lectura no centro, no curso 2022/2023, funcionou como paraugas de varios clubs que xa viñan funcionando de anos anteriores en distintos cursos, e tivo como finalidade espertar e realzar o gusto e o pracer por ler en tempos de lecer.

Nas seguintes ligazóns reflectiremos o traballo desenvolvido nos clubs de lectura do noso centro:

Novo club de lectura de 1º ciclo
Club de lectura de 3º de EP Club de lectura de 4º de EP
Club de lectura de 5º de EP Club de lectura de 6º de EP

Día de Europa

Galicia é Europa!!!

O Día de Europa ten lugar cada 9 de maio. Neste día celebramos os logros e a unidade en Europa.

Dendo o noso centro animamos ao noso alumnado a coñecer Europa e a investigar sobre a presenza de Galicia nas institucións da Unión Europea. Tendo como referencia a Fundación Galicia Europa (FGE), entidade que ten como fin de promover todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa.

Ti si que es un bo peixe

O 11 de maio, o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, participou na actividade “Ti si que es un bo peixe” na que realizamos a visita a Vigo.

As actividades de hoxe realizáronse no porto de Vigo e puidemos ver os halcóns que usa o porto de Vigo para controlar a poboación de gaivotas, visitar á cetárea López Nóvoa na que nos ensinaron diferentes tipos de marisco como lumbrigantes, centolas, lagostas,... e a Frigoríficos de Vigo onde vimos como se corta o peixe e as cámaras para a súa conservación.

Despois dun pequeno descanso fixeron dúas visitas moi interesantes a visita ao Observatorio Submarino Nautilus na que puidemos observar como se investiga sobre a poboación mariña e a visita ao Buque Hidra II, barco e vapor que se atopa atracado no porto de Vigo.

Unha vez rematadas ás visitas tocou o xantar desprazándonos ao mercado do Berbés na que nos deron unha merenda mariñeira composta por: pescada rebozada, ensalada de pasta con mexillóns e iogur.

Antes de regresar á derradeira visita tocou descansar e xogar un pouco no parque de xogos do Bebés. A última visita foi á poxa de marisco.

Despois dun día tan longo e de ver unha gran cantidade de empresas relacionados co mar, toca a hora  de regresar ao colexio...

Estamos desexando volver a vervos e repetir o obradoiro... moitas grazas polo día de hoxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut