
Ao longo do presente curso traballamos no PDI de centro os obxectivos de desenvolvemento sostible. O alumnado de primaria centrouse sobre o obxectivo nº 2: “Fame cero”.
Para isto, investigamos, lemos, visualizamos e pensamos sobre o significado deste obxectivo, así como: o consumo responsable; a importancia dunha dieta equilibrada; e o consumo de produtos locais e de tempada.
Obxectivo xeral:
- Fomentar hábitos de alimentación e consumo razoables.
Obxectivo específicos:
- Mellorar a lectura e a comprensión lectora a través de diversas e variadas lecturas.
- Coñecer lugares emblemáticos da nosa cultura.
- Recitar poemas con boa entoación.
- Valorar a importancia dunha alimentación saudable.
- Extraer información a partir da lectura de textos informativos relacionados co tema.
- Desenvolver hábitos axeitados de manipulación de libros informativos en diferentes soportes.
- Pescudar información relacionada co ODS nº 2.
- Procura de información na internet, con axuda de persoas adultas: imaxes relacionadas co ODS nº 2.
- Empregar este ODS para realizar actividades transversais.
- Reforzar a autoestima do alumnado ao comprobar e dar a coñecer aos demais o que saben.
Contidos:
- A fame no mundo.
- A importancia dunha alimentación saudables.
- Consumo responsable.
- Produtos locais e de proximidade.
- O horto escolar.
- Ilustración de textos escritos.
- Xogos de linguaxe. Gamificación.
- Creacións audiovisuais.
Temporalización:
O proxecto de desenvolverase durante todo o curso. O alumnado terá que familiarizarse tanto coas TICs como co traballo en equipo de maneira participativa.
Actividades:
Coa intención de traballar estes conceptos de maneira atractiva empregamos distintos soportes e tipos de actividades, entre as que destacamos as seguintes:
- Para comezar, traballamos na aula a unidade didáctica elaborada polo centro sobre alimentación e dieta equilibrada.
- Elaboramos recetas saudables na celeración do Día da alimentación.

- Realizamos un obradoiro de alimentación saudable no que elaboramos varios pratos saudables que compartimos co resto do alumnado do centro nunha merenda saudables.

- Participamos na exposición de Alimentarte que organizaou o EDL do noso centro.

- Visionamos diferentes vídeos sobre o ODS nº 2 que posteriormente comentamos en grupo dentroda nosa aula.
- Participamos na celebración da carreira solidaria realizada nas instalacións deportivas da Universisade de Ourense, kilómetros de solidariedade, para pór en valor este obxectivo da axenda 2030.

- Potenciamos o consumo de produtos de tempada e do noso entrorno coa posta en funcionamento da nosa horta escolar.
