O curso escolar 2020/2021, a aula de 6º de Educación Primaria, decidiu centrar o seu traballo cuxo obxectivo principal é que o alumnado sexa capaz de coñecer e identificar as súas emocións e interpretar os seus sentimentos e así poder xestionalos como instrumento de mellora da convivencia cos demais sendo una das ferramentas fundamentais para mellorar o autoconcepto e a autoestima. dentro do PDI xeral do CEIP Manuel Sueiro, co título “Os teus superpoderes están dentro de ti: descúbreos”.
O obxectivo xeral centrouse en que Que o alumnado sexa capaces de coñecer e identificar as súas emocións e interpretar os seus sentimentos e así poder xestionalos como instrumento de mellora da convivencia cos demais e como ferramenta para mellorar o autoconcepto e a autoestima.
O traballo desenvolveuse a través dunha por semana, cunha duración de 50 minutos. A metodoloxía centrouse nunha metodoloxía activa e do descubrimento guiado, para que o alumno sexa capaz de construír as súas propias aprendizaxes de maneira autónoma. Apoiarémonos na maioría das actividades de soporte escrito, priorizando en todo momento o traballo a través da comunicación oral, axustándonos ás características do alumnado.
As actividades realizadas ao longo do curso foron as seguintes:
1º trimestre:
Lectura do libro: No soy un penoso. Editorial SM.
Actividades:
2º trimestre:
Lectura do libro: Y de regalo... ¡Superpoderes!. SM.
Actividades:
3º trimestre:
Lectura do libro: ¡Al ataque!. SM.
Actividades:
Como conclusión, destacar que cando as persoas dialogan e saben escoitar e poñerse no lugar dos outros, é indiscutible os resultados melloran así como a convivencia e relación cos demais. A valoración do traballo foi en aumento ata o punto de pasar, dunha estratexia de motivación e de resolución de problemas, a darlles capacidade para tomar decisións, planificar e conducir os mesmos procesos dos que son protagonistas.
O PDI que traballou conxuntamente o centro leva o nome de “Laboratorio Sueiro, campaña de vacinación: contra a COVID... emoción”. A partires desta idea xeral, no 4º curso de E.P. traballamos ao longo do curso as emocións que sentimos dependendo do momento e espazo no que nos atopemos. Fixemos uso dos xogos de rol para poñernos no lugar doutras persoas, dos animais... e recollemos todas esas emocións no que chamamos “O bingo xiringa”.
Obxectivos:
Actividades:
Neste curso, no P.D.I. traballamos as emocións ligadas á pandemia que estamos a vivir. O grupo de 3º de Educación Primaria fixámonos nas emocións que parten do noso mundo interior reforzando a autoestima de cada quen, para traballar as relacións coas demais persoa e co mundo que nos rodea.
Traballamos a autoestima, a capacidade de empatía e a expresión emocional, actitudes positivas cara o mantemento da saúde, o autocontrol para xestionar emocións como a ira, a rabia ou o enfado.
Ademais, ao longo do 1º trimestre fixemos sesións de ioga e mindfullnes para traballar o coñecemento do propio corpo e a relaxación e fixemos meditacións a través de historias narradas cun fondo musical.
Fixemos actividades de lecturas, debates, manualidades ou debuxos e pechamos o noso traballo audiovisual cunha canción que recolle as emocións básicas como o medo, a alegría, a ira...
Neste curso, o P.D.I. do centro ten como tema central “Laboratorio Sueiro, campaña de vacinacións contra o Covid...As emocións”. O grupo de 1º e 2 º de Educación Primaria vaise centrar na tolerancia e no reforzo da autoestima, mediante o conto “El cazo de Lorenzo”, da escritora Isabelle Carrier. Para así, traballar as relacións coas demais persoas e co mundo que nos rodea. Trátase de partir dos alumnos, do particular (coidar de min) ao máis global (coidar do meu entorno), permitindo así ao alumnado ampliar a súa visión sobre o que é o concepto global de saúde (prevención).
Un conto que contén unha gran lección de vida: todos, nalgún momento da nosa vida, podemos atoparnos ante dificultades que nos parezan insuperables pero, non por iso, hai que renderse nin agocharse nin avergonzarse.
Un conto ilustrado que nos fala da autoestima e da resiliencia, da importancia de converter unha adversidade nunha ocasión para aprender algo máis sobre nos mesmos, nun desafío para mellorarnos e saír máis fortes.
OBXECTIVOS
ACTIVIDADES REALIZADAS:
Actividades de mindfulness como:
O longo deste curso co alumnado de Educación Infantil traballamos as emocións a partir do conto “Los tentáculos de Blef”.
Traballamos as seguintes emocións :
Quedounos sen traballar a rabia por falta de tempo.
Partimos da lectura dos distintos contos da colección, para cada emoción un conto, facendo actividades relacionadas co conto e outras sen ser do conto pero relacionadas con dita emoción.
Primeiro recoñeceron , debuxaron e modelaron con plastilina emoticonas con distintas emocións a través de contos relacionados “Quen fai sorrir a princesa”, “Mi abrazo preferido”, “Los miedos del capitán Cacurcias”, “Lágrimas bajo la cama”.
Quedounos sen elaborar o disfrace do entroido porque este ano polo COVID non o puidemos celebrar.
Por último fixeron un xogo de tres en raia cun taboleiro co debuxo de Blef e fichas con emoticonas das emocións feitas con masa de modelar.