Emocións pandémicas

Neste curso, no P.D.I. traballamos as emocións ligadas á pandemia que estamos a  vivir. O grupo de 3º de Educación Primaria fixámonos nas emocións que parten do noso mundo interior reforzando a autoestima de cada quen, para traballar as relacións coas demais persoa e co mundo que nos rodea.

Traballamos a autoestima, a capacidade de empatía e a expresión emocional, actitudes positivas cara o mantemento da saúde, o autocontrol para xestionar emocións como a ira, a rabia ou o enfado.

Ademais, ao longo do 1º trimestre fixemos sesións de ioga e mindfullnes para traballar o coñecemento do propio corpo e a relaxación e fixemos meditacións a través de historias narradas cun fondo musical.

Fixemos actividades de lecturas, debates, manualidades ou debuxos e pechamos o noso traballo audiovisual cunha canción que recolle as emocións básicas como o medo, a alegría, a ira...