Esquema de temas
Xeral
Curso organizado conxuntamente polo Instituto Galego de Consumo (Consellería de Economía e Industria) e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, co obxecto de proporcionar aos docentes as ferramentas precisas para desenvolver o tratamento da publicidade na aula, favorecendo o desenvolvemento das competencias básicas e dos contidos curriculares da etapa.
MÓDULO 0: PRESENTACIÓN DO CURSO TRABALLANDO COA PUBLICIDADE NA AULA
O módulo 0 servirá para coñecer as directrices básicas que rexirán o curso, mostrando o índice e a guía didáctica a fin de favorecer un desenvolvemento satisfactorio do mesmo.
CONTIDOS
Tema 1
MÓDULO 1: CONCEPTO DE PUBLICIDADE
Este primeiro módulo é introductorio ao fenómeno da publicidade, trata de clarificalo, tendo en conta os distintos enfoques, definicións, disciplinas relacionadas, etc, desde os que abordalo.
CONTIDOS
MATERIAIS COMPLEMENTARIOS
Tema 2
MÓDULO 2: HISTORIA DA PUBLICIDADE
Neste módulo preténdese facer un percorrido histórico na evolución da publicidade, desde a súa orixe ata a actualidade.CONTIDOS
MATERIAIS COMPLEMENTARIOS
Tema 3
MÓDULO 3: TIPOS DE PUBLICIDADE
Dada a cantidade de criterios que existe para clasificar a publicidade, móstranse os máis habituais e os tipos resultantes, susceptibles de ser empregados como ferramenta educativa.
CONTIDOS
MATERIAIS COMPLEMENTARIOS
Tema 4
MÓDULO 4: A MENSAXE PUBLICITARIA
Trátase de analizar as estratexias que emplegan os profesionais da publicidade, tanto desde o obxectivo que persiguen como da estructura da mensaxe que desexan transmitir. Se somos capaces de desmenuzar estes elementos, poderemos transmitilo ao noso alumnado cos intereses educativos que programemos.CONTIDOS
MATERIAIS COMPLEMENTARIOS
Tema 5
MÓDULO 5: A LINGUAXE PUBLICITARIA
Os publicistas necesitan manexar moi habilmente os códigos, funcións e estrutura da linguaxe publicitaria. Un achegamento a estes elementos faranos máis comprensible este fenómeno, e poderemos desentrañar a súas importantes implicacións coas nosas áreas e materias de ensino.
CONTIDOS
MATERIAIS COMPLEMENTARIOS
Tema 6
MÓDULO 6: ESTEREOTIPOS E VALORES
Como o resto dos medios de comunicación, a publicidade transmite os estereotipos e valores realmente imperantes na nosa sociedade, que non sempre se corresponden cos que pretende transmitir o currículo.CONTIDOS
MATERIAIS COMPLEMENTARIOS
Tema 7
MÓDULO 7: CONSUMO E PUBLICIDADE
No módulo 7, veremos a publicidade desde a perspectiva das persoas consumidoras, que é lícito e que non o é na publicidade, e como podemos defendernos.
CONTIDOS
MATERIAIS COMPLEMENTARIOS
Tema 8
MÓDULO 8: A CAMPAÑA PUBLICITARIA
Veremos paso a paso como se elabora unha campaña publicitaria, para logo facer a nosa propia campaña sobre un produto concreto.
CONTIDOS
MATERIAIS COMPLEMENTARIOS
- Material de reflexión sobre o traballado: Que pasos seguintes se deberían dar?...
- Pinchando en este enlace veremos anuncios que a maioría de nós lembraremos.
- Neste enlace, faciliño de atopar, podedes ver as campañas premiadas dos últimos anos.
Tema 9
MÓDULO 9: A PUBLICIDADE COMO RECURSO PEDAGÓXICO
É un feito que desde idades moi temperás, as persoas medran rodeadas de publicidade, polo que resulta importante posuír os recursos necesarios para enfrontarse a ela por un lado, e poder sacarlle o máximo partido, como educadores, por outro lado, xa que constitúe un recurso pedagóxico con moitísimas posibilidades.
CONTIDOS
MATERIAIS COMPLEMENTARIOS