3.5. A PUBLICIDADE EN FUNCIÓN DA SÚA INTENSIDADE OU PROXECCIÓN
SEGUNDO O ALCANCE
O criterio é a ubicación xeográfica do público ao que se quere chegar[1]:
Publicidade local.
Publicidade autonómica.
Publicidade nacional.
Publicidade global ou universal, tendo en conta as diferencias culturais (o xogos de palabras, o humor e a ironía non teñen o mesmo significado en distintos países ou culturas)
SEGUNDO A PRESIÓN
Dependendo do número de insercións do anuncio ou do tempo que dure a campaña nos medios, podemos falar de1:
Publicidade intensiva, concentrada nun período de tempo curto.
Publicidade extensiva, ditribuída nun período máis amplo.
Publicidade mixta, é unha combinación de ambas.
Ademais a distribución no tempo pode ser: continua, intermitente, crecente, decrecente, rítmica, estacional… 2
Hai investigacións que demostran que o número de impactos máis eficaz é entre 3 e 5, dependendo do medio e do público, xa que menos son insuficientes e máis resultarían ata contraproducentes. Á hora de planificar unha campaña hai que ter en conta estas cuestións así como o rating ou penetración, a cuota, os GRPs…2
[1] Proyecto Media. Ministerio de Educación y Ciencia. CNICE. Coordinador: Alfeo Álvarez, J.C.: http://recursos.cnice.mec.es/media/publicidade/extras/docente/index.htm
2 Ortega, E. (2004) La comunicación publicitaria. 2ª edición. Pirámide. Madrid.