.1.4. DIFERENZA ENTRE INFORMACIÓN, PUBLICIDADE E PROPAGANDA

Esta diferenza non resulta clara ás veces. Todos coñecemos programas informativos onde se nomea unha marca ou se fai unha pequena reportaxe sobre ela, publireportaxes onde primeiro se mostra unha información sobre un estudo científico, sobre un problema de saúde, por exemplo, e logo recoméndase un produto adecuado para ese problema; ou algún anuncio dalgún produto que se solidariza con algunha campaña de concienciación social, como por exemplo Coca-Cola, Antena 3 e a DGT na última campaña de prevención de accidentes de tráfico.

Tratando de aclarar termos:

  • Información: relación de feitos acaecidos que son de interese xeral para a poboación.
  • Publicidadade: presentación de produtos ao público para persuadilos de que os merquen.
  • Propaganda: presentación de ideas ou condutas ao público para que as acepte ou as p oña en práctica.

As posibles confusións veñen dadas porque actualmente as tres formas de comunicación empregan os mesmos medios de comunicación masivos ou os medios máis persoais e a mesma linguaxe de transmisión, a linguaxe publicitaria, da que falaremos no módulo 5.

Unha diferenza é que tanto a publicidade como a propaganda teñen que pagar polo espazo que ocupan nos medios e a información non. Pero unha dificultade engadida é que, na linguaxe coloquial, os termos propaganda e publicidade se empregan como sinónimos. Ademais das mesturas intencionadas das dúas formas aínda conducen a máis confusións.

A propaganda arrastra a etiqueta negativa que lle outorgou o mal uso dela: os totalitarismos do século XX, nazismo, fascismo e comunismo e a Guerra Fría. Sen obviar que hoxe en día séguese a empregar, ás veces con fins puco éticos1.

Exemplos:

Tío Sam

O Tío Sam, imaxe empregada polos Estados Unidos para recrutar soldados 1.

                                              Propaganda Estados Unidos

Propaganda estadounidense da Segunda Guerra Mundial, apremando aos cidadáns a aumentar a producción 1

Goebbels

Foi pegado polas rúas de Alemaña mentres que dito país perdía a guerra 1.

Pero propaganda tamén son: as ben intencionadas campañas de prevención de accidentes de tráfico, de prevención de consumo de drogas, de captación de voto para os partidos políticos, de axudas ou afiliacións a ONGs de todo tipo, de prevención de violecia de xénero, de maltrato aos animais, de prevención de enfermidades de transmisión sexual e embarazos non desexados en adolescentes, de prevención de fraude fiscal, etc.

http://es.wikipedia.org/wiki/Propaganda

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55