3.1. TIPOS DE PUBLICIDADE
Os expertos falan duhna gran variedade de tipos de publicidade, e de múltiples criterios para diferenciala. Imos a usar un criterio xeral establecido por Proyecto Media[1], do que eliximos as categorías que son máis útiles dende o punto de vista da metodoloxía educativa e, ampliamos a súa categorización segundo os medios publicitarios empregados[2], xa que brindaranos unha gran variedade de posibilidades para traballar na aula, segundo a nosa disposición e habilidade para o manexo de recursos educativos.
Engadimos un apartado final adicado á publicidade subliminar[3] polo gran debate que xenera e pola súa utilidade para traballar a competencia social e ciudadá.
Así temos:
o Publicidade segundo o obxecto.
o Publicidade a segundo o anunciante.
o Publicidade segundo o obxectivo da campaña.
o Publicidade segundo o alcance.
o Publicidade segundo os medios.
o Publicidade segundo a presión.
o Publicidade non convencional (below the line).
o Publicidade subliminar.
[1] Proyecto Media. Ministerio de Educación y Ciencia. CNICE. Coordinador: Alfeo Álvarez, J. C. : http://recursos.cnice.mec.es/media/publicidad/extras/docente/index.htm
[2] Ortega, E. (2004) La comunicación publicitaria. 2ª edición. Pirámide. Madrid.
[3] http://es.wikipedia.org/wiki/Publicidad_subliminal