3.6. SEGUNDO OS MEDIOS

É necesario sinalar a diferencia entre medio, soporte e formas publicitarias:

  • Medios publicitarios son todos aqueles canles de comunicación que emprega a publicidade para facer chegar as súas mensaxes ao público; por exemplo a prensa.

  • Soporte publicitario é cada un dos elementos ou vehículos que posibilitan a chegada da mensaxe a unha audencia determinada; por exemplo “La Voz de Galicia”, “El Correo Gallego”.

  • Formas publicitarias son cada unha das distintas manifestacións que poden ter as mensaxes nos distintos medios e soportes; por exemplo “un anuncio por palabras”, “un anuncio a doble páxina”.

Xenericamente os medios se clasifican en convencionais e non convencionais[1].

MEDIOS CONVENCIONAIS: prensa, radio, cine, televisión, medio exterior e internet:

     Prensa                 Televisión    

   radio               Exterior

A seguinte táboa mostra os principais medios convencionais, os seus soportes e as súas formas publicitarias máis habitualmente empregadas.

Medio

Soportes

Formas

Prensa

Cada diario existente

Cada revista existente

Cada publicación gratuíta existente

Anuncios preferentes

Anuncios xerais

Anuncios clasificados

Anuncios por palabras

Comunicados ou remitidos

Encartes

Radio

Cada emisora ou programa

Cada cadena ou programa

Palabras e ráfagas

Cuñas

Publirreportxes

Microprogramas e consultorios

Programas patrocinados

Televisión

Cada canle e programa

Cada cadena e programa

Spots

Publirreportaxes

Infocomerciais

Programas patrocinados

Sobreimpresións

Product placement

Cine

Salas comerciais

Salas restrinxidas

Salas circunstanciais

Películas

Spots ou filmlets

Diapositivas

Product placement

Exterior

Valos e monopostes.

Lonas para fachadas.

Mobiliario urbán: marquesinas, quioscos, columnas, mupis, recuperadores, reloxos-termómetros, mapas urbanos, paneles electrónicos.

Cabinas telefónicas.

Transportes: coches, trenes, metro, bus, taxis, avións, estacións e aeroportos.

Elementos móbiles terrestres.

Elementos móbiles aéreos.

Recintos deportivos.

Outros: hinchables, banderolas, pancartas

Textos

Textos e figuras

Textos e figuras rotativas

Luminosos

Iluminados

 

Internet

World Wide Web

E-mail

Outros

 

Banners e botóns

Layers

Pop-up

Pop-under

Intertitials e supertitials

Enlaces publicitarios

Patrocinios

Outras

Fig 2. Medios convencionais publicitarios, soportes e formas publicitarias.Tomado de Enrique Ortega “La comunicación publicitaria”

Cada medio vai ter distintas vantaxes ou inconvenientes segundo a selectividade xeográfica, a flexibilidade de espazo e tempo, o alcace de difusión e audiencia, a permanecia da mensaxe, a selectividade demográfica e a calidade do soporte.

Por exemplo, a radio ten unha gran seletividade xeográfica e de fragmentación de audiencias, pola gran cantidade de canles e programas especializados, e polo distinto nivel de alcance que poden adquirir, local, provincial, nacional. A televisión ten un alto grao de penetración nas audiencias pola súa gran capacidade de cobertura (en España o 90%), pero precisamente por iso tamén ten un alto grao de regulación (prohibición de  anunciar tabaco e bebidas alcohólicas)1

É moi importante que os anunciantes teñan en conta estas cuestións á hora de elaborar ou encargar a súa campaña. Por iso xurdiron as axencias de medios, que coñecen con profundidade este aspecto.

A seguinte táboa mostra as características dos medios convencionais.

Medio/

Características

Prensa

Radio

Televisión

Cine

Exterior

Internet

Selectividade xeografica

Alta

Alta

Alta

Alta

Alta

Baixa

Flexibilidade espazo

Alta

Alta

Alta

Alta

Product Placement

Alta

Alta

Flexibilidade temporal

contratación

Baixa

2 días

Baixa

Alta

Alta

Alta

Alta

Difusión

Baixa

Alta

Alta

Baixa

Alta

Moi alta

Universal

Permanencia

Alta

Baixa

Alta

Alta

Baixa

Baixa?

Selectividade

demográfica

Baixa

Alta

Alta

Baixa

Baixa

Baixa

Calidade

soporte

Baix

Alta, sen imaxe

Alta

Alta

Alta

Alta

Outras

Public. Mancomu

nada

Repetición mensaxe, baixo coste

Elevada regulación

Maior calidade técnica

Dificultade avaliar audiencia

Escasa regulación

Fig. 3. Características dos medios convencionais. Elaborada a partir dos datos de Enrique Ortega “La comunicación publicitaria”

MEDIOS NON CONVENCIONAIS: os que emprega a publicidade non convencional (Ver apartado de publicidade non convencional) marketing promocional e directo, publicidade no punto de venta, merchandising, emplazamento e bartering, patrocinio, presencia institucinal e publicity.



[1] Ortega, E. (2004) La comunicación publicitaria. 2ª edición. Pirámide. Madrid.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

               

 

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55