3.7. PUBLICIDADE NON CONVENCIONAL (BELOW THE LINE)[1]

Ultimamente aumentou moito o uso desta publicidade, debido á necesidade de contactar cun público obxectivo con maior eficacia, dun xeito máis persoal para lograr que a mensaxe se acepte e recorde. As novas tecnoloxías como o teléfono móbil e internet contribúen en gran medida a esta modalidade. Unhas veces son unha alternativa ou un complemento á publicidade tradicional.

MARKETING PROMOCIONAL. Consiste en engadir ao produto un incentivo durante un tempo limitado para promover a venda. O incentivo pode ser un desconto no prezo, un agasallo, unha proba ou facilitar as formas de pago ou servizos post-venda. Pode dirixirse á persoa consumidora ou a empresas distribuidoras.

 

INSTILE

 

MARKETING DIRECTO. Permite crear unha comunicación persoal co cliente e mantela no tempo. Emprega o correo tradicional ou electrónico, o teléfono ou o buzoneo. É imprescindible unha boa base de datos de clientes potenciais1. Ás veces obtense mediante concursos ou sorteos. Mandamos o noso nº de teléfono, dirección postal ou electrónica e se non o sinalamos quedan almacenadas para posteriores promocións (A lei de protección de datos prohibe a venda destas bases de datos dunhas empresas a outras).

 

MARKETING DIRECTO

 

MERCHANDISING. Calquera actividade encamiñada a facer o lugar de venda máis agradable á persoa consumidora para realzar a oferta e animar á venda. Dase tanto nos grandes centros comerciais como nos pequenos comercios. Inclúe desde a atención dos vendedores ata a colocación da mercancía e a facilidade do pago.

 

MERCHANDISING

Mobiliario e pantalla relaxante no Centro comercial Gaiashopping, Portugal

 

PUBLICIDADE NO LUGAR DE VENDA, emplazada no comercio para influír no público que acede ao mesmo. Utiliza unha gran variedade de soportes: carteis, display, stop, panel, expositor, material animado, stand, banderolas, inchables e audio ou vídeo para demostracións do uso do produto, ou persoas que o dan a probar.

 

PUBLICIDADE NO LUGAR DE VENDA

 

EMPRAZAMENTO DE PRODUCTO E BARTERING. Son distintas alternativas á saturación publicitaria e estratexias para evitar o zapping na televisión. O emprazamento de produto (tamén chamado publicidade encuberta) consiste en situar o produto, marca ou mensaxe dentro dun programa e non nos espazos publicitarios. No bartering unha empresa ofrece unha idea ou producción dun programa, da os dereitos de emisión a un medio e éste, a cambio, sen mediar diñeiro, ofrécelle á empresa unha compensación en espazos publicitarios. É un trueque.  

      PUBLICIDADE ENCUBERTA

Publicidade encuberta na película “Sexo en Nueva York”

PATROCIONIO. A empresa presta apoio económico ou material a un proxecto a cambio de obter algún tipo de beneficio, que soe ser a mellora da súa imaxe. Tamén chámase mecenazgo ou esponsorización. As actividades máis patrocinadas son as deportivas e as culturais.

                PIZZA MÓVIL

PRESENZA INSTITUCIONAL. Consiste en participar, promover ou asistir a determinados eventos, como os congresos, feiras, exposicións ou salóns comerciais.

              INSTITUCIONAL

PUBLICITY. Non paga espazo nos medios por difundir a súa mensaxe. O anunciante elabora a noticia, convoca un encontro aberto aos medios, concerta un encontro específico con un periodista para que entreviste a un dos protagonistas ou membro da organización. Por exemplo: Firmas de xoiería, cosmética, etc, que contratan a actrices ou modelos famosas, que teñen os paneis da marca detrás delas, e conceden entrevistas aos medios. Logo estos pequenos reportaxes vense nos programas de corazón. Tamén o fan as productoras de películas, agora os actores saen falando do filme. Outro exemplo é a aparición dun reportaxe do Parque Warner no informativo de Antena 3. 

LARIOS

   



[1] Proyecto Media. Ministerio de Educación y Ciencia. CNICE. Coordinador: Alfeo Álvarez, J.C.

http://recursos .cnice.mec.es/media/publicidad/extradocente/index.htm

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:55 PM