3.4. SEGUNDO O OBXECTIVO DA CAMPAÑA[1]

Hai varios tipos que poden combinarse entre si:

PUBLICIDADE DE LANZAMENTO, para introducir o produto ou idea. Aplica a forma de novidade, noticia sobre como solucionar un problema. Moitas veces son renovacións de produtos xa coñecidos. Exemplo: Deterxente Kalia.

                                      Kalia Kalia Kalia

PUBLICIDADE DE MANTEMENTO, para marcas xa situadas que buscan manter o nivel de notoriedade, manter o posicionamento da marca sen que cambien as características do produto. Pode usarse unha modificación da campaña de lanzamento. Exemplo: Coca-Cola.

                                   Cocacola

PUBLICIDADE EDUCATIVA, para ensinar á persoa consumidora como se usa correctamente o produto ou servizo. Neste tipo inclúense as campañas de concienciación ciudadana. Exemplo:  “Póntelo, ponselo”.

 

                                                                  Póntelo Pónselo

PUBLICIDADE INFORMATIVA, aporta moitos datos sobre características, fórmulas de consumo, uso, beneficios, etc. O público necesita moita información para tomar a decisión de compra. É propia dos produtos financieiros. Exemplo: hipotecas.

 

BBVA

PUBLICIDADE DIRECTA, cando trata de abrir un canal de comunicación co público para obter información, suxestións, reclamacións, compra. Combina varios medios de masas e persoais como o teléfono ou o correo, agora electrónico. Exemplo:     www.adeslas.es

PUBLICIDADE PROMOCIONAL, cando a publicidade se basea nunha acción promocional (oferta, agasallo, etc.) Esta promoción e o periodo de tempo que dura  mesma son os  protagonistas da mensaxe. Exemplo de oferta: Blancolor no Corte Inglés. Exemplo de agasallo. Xamón con agasallo de xamoneira no Hipercor.

 

             Blancolor   Blancolor

 

 PUBLICIDADE DE APOIO Á DISTRIBUCIÓN, para reforzar a afluencia da persoa consumidora ao punto de venda, creando circulación, se a xente acode atopará a oferta. Emprégano as franquicias e cadeas de distribución. 

   Catálogos do Corte Inglés                  Folleto supermercado

             Catálogos de “El Corte Inglés”                                              Folletos supermercado.



[1] Proyecto Media. Ministerio de Educación y Ciencia. CNICE. Coordinador: Alfeo álvarez, J.C.

http://recursos.cnice.mec.es/media/publicidade/extras/docente/index.htm

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55