8.1. ESQUEMA DA ELABORACIÓN DUNHA CAMPAÑA PUBLICITARIA

Pode ser moi ilustrativo saber como se fan as campañas publicitarias. É un tema que en si mesmo pode servir como exemplo de estratexia de traballo en equipo, ou como unha ferramenta de tratamento da información, así como de mostra de como se crean as “realidades” que pasan polos nosos sentidos a cotío. Serviría, por tanto, para traballar as competencias lingüísticas, social e de tratamento da información.

Este sería o esquema básico para a elaboración dunha campaña publicitaria

·         Fase de investigación. Briefing.

o       Descrición da situación.

o       Antecedentes publicitarios.

o       Público obxectivo.

o       Obxectivo publicitario.

o       Beneficio e razón para crelo.

 

·         Fase de creación do plan de publicidade.

o       Estudo do briefing creativo.

o       Datos de identificación.

o       Público obxectivo.

o       Posicionamento.

o       Promesa ou beneficio.

o       Argumentación da promesa.

o       Ton de comunicación.

o       Eixo de campaña.

o       Concepto de campaña

 

·         Localización de oportunidades e problemas

 

·         Selección do contido básico

 

·         Codificación da mensaxe

 

·         Produción.

 

·         Fase de control e avaliación.

 

 

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55