8.3.  FASE DE INVESTIGACIÓN. BRIEFING[1]

Ao tratarse dun resumo da situación en que se vai levar a campaña (produto, anunciante, público, obxectivos a acadar, razóns para facelo), ten que ser claro, breve e por escrito. Debe incluír:

·         Descrición da situación.

o        Produto: gama, características, etapa, condicionamentos legais…

o        Marca: posicionamento, notoriedade, proxección futura…

o        Empresa ou organización: cultura corporativa, evolución, etapa actual…

o        Competencia: ranking e posicionamento.

 

·         Antecedentes publicitarios.  Detalles da campañas anteriores.

 

·         Público obxectivo.

o        Perfil do público destinatario.

o        Actitudes e motivación ante o produto.

 

·         Obxectivo publicitario. Que se quere acadar coa campaña.

 

·         Beneficio e razón para crelo.

o        Beneficio máis persuasivo do produto.

o        Razón principal para que o público poda crer no beneficio.

 

·         Proposta de medios, presuposto, calendario de difusión, etc.

 

 

 



[1] Proyecto Media. Ministerio de Educación y Ciencia. CNICE. Coordinador: alfeo álvarez, J.c.

http://recursos.cnice.mec.es/media/publicidad/extras/docente/index.htm

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55