9.2. A PUBLICIDADE NO CURRÍCULO DE BACHARELATO

Dentro do currículo de bacharelato, atopamos as seguintes referencias ao tratamento da publicidade na aula, tanto como medio como obxectivo de aprendizaxe.

Cultura audiovisual

Obxectivos

Analizar mensaxes publicitarias e valorar o que nelas hai de información, arte, propaganda e sedución.

Os medios de comunicación.

  • Vocación publicitaria dos carteis.

A publicidade.

  • Definición de publicidade. O proceso da comunicación publicitaria. Propaganda, información e sedución. Conceptos relacionados coa publicidade (público obxectivo, estudo de mercado, a avantaxe diferencial, posicionamento dun produto, as necesidades da persoa consumidora). As novas formas da publicidade: emprazamento de produtos, publicidade encuberta e subliminar.

  • Publicidade de dimensión social, campañas humanitarias e mensaxes alternativas.

  • Os anuncios. A idea. O guión. A realización. Análise crítica da publicidade.

Criterios de avaliación

  • Recoñecer e xustificar as distintas funcións da publicidade, diferenciando os elementos informativos daqueles outros relacionados coa emotividade, a sedución e a fascinación.

Este criterio trata de comprobar que as alumnas e os alumnos saben distinguir os diferentes elementos e estratexias que inciden na recepción das mensaxes publicitarias. Terase en conta o uso que fan da figura da muller os diferentes medios.

Deseño

Deseño gráfico.

Contidos.

  • A identidade e a publicidade: marcas e logotipos.

Criterios de avaliación

  • Realizar proxectos elementais de deseño gráfico no campo da identidade, da sinalización, da edición e da publicidade.

Este criterio trata de avaliar a capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos na execución de proxectos concretos de deseño gráfico: composición, metodoloxía, linguaxe formal, linguaxe simbólica, retórica e condicionamentos funcionais.

Historia da música e da danza

Música e danza na segunda metade do século XX.

  • A importancia da música cinematográfica, publicitaria e de ambientación. A danza no cinema.

Lingua Castelá e Literatura

1º curso

Contidos

  • A variedade dos discursos e o tratamento da información.

  • Análise do tema, estrutura organizativa e trazos lingüísticos de textos xornalísticos e publicitarios.

  • Composición de textos xornalísticos e publicitarios segundo modelos previamente analizados.

2º curso

Criterios de avaliación

  • Clasificar e caracterizar diferentes clases de textos dialogados, argumentativos e dos medios de comunicación, xornalísticos e publicitarios poñendo de relevo os trazos máis significativos do xénero ou subxénero ao que pertencen, os códigos expresivos empregados e analizando os seus trazos lingüísticos e a súa adecuación ao contexto.

  • Identificar o tema, a estrutura e características lingüísticas de textos dialogados, argumentativos e dos ámbitos académico e dos medios de comunicación, xornalísticos e publicitarios; analizalos de maneira que se recollan as súas propiedades discursivas e os elementos que os articulan e empregar para iso as distintas actividades da lingua (comprensión, expresión, interacción e mediación) orais e escritas tendo en conta modelos ou esquemas textuais e atendendo ás condicións da situación comunicativa.

Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II

Criterios de avaliación

  • Analizar de forma crítica informes estatísticos recollidos dos medios de comunicación e outros ámbitos, detectando posibles erros e manipulacións tanto na presentación dos datos coma nas conclusións.

  • Valórase o nivel de autonomía, rigor e sentido crítico alcanzado ao analizar a fiabilidade do tratamento da información estatística que fan os medios de comunicación e as mensaxes publicitarias, especialmente a través de informes relacionados con fenómenos de especial relevancia social.

 

 

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:56