9.3.COMO USAR A PUBLICIDADE PARA ADQUIRIR COMPETENCIAS E OBXECTIVOS EDUCATIVOS

Como xa vimos, a Publicidade no currículo da Educación Primaria, aparece claramente reflectida nas competencias do coñecemento do medio natural, social e cultural, así como da lingua e literatura galega e castelá. Pero está claro que repasando o currículo, veremos como nos pode axudar a acadar moitas máis competencias como a  matemática, a social e cidadá, a cultural e artística, incluso a de aprender a aprender e por suposto a autonomía e iniciativa persoal.

A continuación, veremos como:

Competencia en comunicación lingüística. 

“Esta competencia refírese á utilización da linguaxe como instrumentos de comunicación oral e escrita, de representación, interpretación e comprensión da realidade, de construción e comunicación do coñecemento e de organización e autorregulación do pensamento, das emocións e da conduta.

Os coñecementos, destrezas e actitudes propios desta competencia permiten expresar pensamentos, emocións, vivencias e opinións

e tarefas, adoptar decisións e desfrutar escoitando, lendo ou expresándose de forma oral e escrita, todo o cal contribúe ademais ao desenvolvemento da autoestima e da autoconfianza.”

A publicidade constitúe unha forma de comunicación con todos os elementos propios dela. A través da publicidade, podemos  Algúns aspectos da linguaxe da publicidade que vimos poden servir para exemplificar os correspondentes aos códigos lingüísticos, pola proximidade da linguaxe publicitaria ao alumnado, escóitano todos os días en diversos soportes, sábense anuncios de memoria e empregan os seus slogans na súa linguaxe diaria. Por exemplo, posiblemente comprendan máis rapidamente o que é unha metáfora se ven un exemplo na publicidade que soen ver ou oír. Unha actividade curiosa pode ser buscar os erros ou malos usos que as veces os publicistas fan da lingua.

Ademais, nas linguas estranxeiras supón un achegamento moi importante pola gran cantidade de palabras, expresións, etc que se usan nos anuncios.

 

 

Competencia matemática.

“Consiste na habilidade para utilizar e relacionar os números, as súas operacións básicas, os símbolos e as formas de expresión e razoamento matemático, tanto para producir e interpretar distintos tipos de información como para ampliar o coñecemento sobre aspectos cuantitativos e espaciais da realidade, e para resolver problemas relacionados coa vida cotiá e co mundo laboral.”

As mensaxes publicitarias están cheas de números ou de operacións de cálculo a realizar pola persoa consumidora; non só nos % dos descontos senón tamén nos cálculos de custo por minuto da telefonía móbil que tanto usa o noso alumnado, das distancias e os tempos dos voos das viaxes que anuncian as axencias, o TAE das hipotecas e os préstamos persoais, as capacidades dos envases dos seus refrescos preferidos, etc.

Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.

“É a habilidade para interactuar co mundo físico, tanto nos seus aspectos naturais como nos xerados pola acción humana, de tal modo que se posibilite a comprensión de sucesos, a predición de consecuencias e a actividade dirixida á mellora e preservación das condicións de vida propia, das demais persoas e do resto dos seres vivos. En definitiva, incorpora habilidades para desenvolverse adecuadamente, con autonomía e iniciativa persoal.”  

AIria

Tratamento da información e competencia dixital

 “Esta competencia consiste en dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, e para transformala en coñecemento. Incorpora diferentes habilidades, que van desde o acceso á información ata a súa transmisión en distintos soportes unha vez tratada, incluíndo a utilización das tecnoloxías da información e da comunicación como elemento esencial para informarse, aprender e comunicarse.”

Vanessa As TICs non se refiren unicamente a informática, aínda que só nesa disciplina hai un filón de oportunidades para traballar empregando publicidade da Internet. Outros medios de comunicación como prensa, radio, televisión, son impensables hoxe en día sen a publicidade; telefonía mobil dende as idades mais temperás. obre todo, a telefonía A comprensión destes medios sen a publicidade estaría incompleta. Manexala, entendendo os seus códigos e estratexias é manexar mellor estes medios.

Competencia social e cidadá

“Esta competencia fai posible comprender a realidade social en que se vive, cooperar, convivir e exercer a cidadanía democrática nunha sociedade plural, así como comprometerse a contribuír á súa mellora. Nela están integrados coñecementos diversos e habilidades complexas que permiten participar, tomar decisións, elixir como comportarse en determinadas situacións e responsabilizarse das eleccións e decisións adoptadas.”

Pódense poñer exemplos de como os valores se transmiten coa publicidade, pero tamén de como ás veces esta transgride as normas socias e incluso legais. A Lei Xeral de Publicidade, a Lei de Televisión, os sistemas de autorregulación “Autocontrol”, etc

Competencia cultural e artística

“Esta competencia supón coñecer, comprender, apreciar e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais, artísticas e deportivas, utilizalas como fonte de enriquecemento e goce e considera-las como parte do patrimonio dos pobos.”

Ademais do uso de imaxes e códigos propios das manifestacións artísticas, unha proposta de como facer unha campaña publicitaria semellante a que fixeron neste uso pode ser viable para transportar eses contidos e para desenvolver o traballo colaborativo.                                                                         

Competencia para aprender a aprender

“Aprender a aprender supón dispoñer de habilidades para iniciarse na aprendizaxe e ser capaz de continuar aprendendo de xeito cada vez máis eficaz e autónomo de acordo cos propios obxectivos e necesidades.”

Cando ao alumnado se lle outorgan ferramentas para interpretar e manexar con ritmo propio o que se lles oferta a todas horas na publicidade, refiren unha sensación de autocontrol e un sentimento de competencia e confianza nas súas posibilidades moi gratificante. Algúns aspectos dos traballados coa publicidade son transferibles a outros campos como a programación televisiva, os videoxogos, o cine, e outras manifestacións culturais da nosa sociedade e que o alumnado emprega moi frecuentemente. Ademais, o aprendido en publicidade poderá servir de base cara futuras modernizacións do medio, e co uso cada vez máis maioritario de Internet, os novos tempos chegan axiña.

Autonomía e iniciativa persoal

“Esta competencia refírese, por unha banda, á adquisición da consecuencia e aplicación dun conxunto de valores e actitudes persoais interrelacionadas como a responsabilidade, a perseveranza, o coñecemento de si mesmo e a autoestima, a creatividade, a autocrítica, o control emocional, a capacidade de elixir, de calcular riscos e de afrontar os problemas, así como a capacidade de demorar a necesidade de satisfacción inmediata, de aprender dos erros e de asumir riscos.”

Facer unha campaña publicitaria en papel, ou en arquivos dixitais, ou en vídeo, sobre un produto calquera, dividindo á clase nos correspondentes departamentos dunha axencia publicitaria, empregando recursos que non conteñan contravalores, senón valores socialmente aceptables.

 

 

 

 

 

 

 

 

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:56