Instrucións de alta na Aula Virtual do CAFI

Importante
  
Esta aula virtual é un espazo xestionado polo CAFI, que ten como función dotar de espazos virtuais vinculados ás actividades de formación presencial ou mixta do profesorado, de cara a ofrecer materiais ou información complementaria, así como espazos de encontro e traballo das persoas relatoras e participantes en cada unha das actividades formativas.
 
Para rexistrarse na aula virtual débese contar cun correo @edu.xunta.gal válido e solicitar a alta á persoa que coordina a actividade formativa, ou no correo cafi.tic@edu.xunta.gal indicando en que actividade se está a participar.

Última modificación: Luns, 10 de Xaneiro de 2022, 10:53