2.3. A CHEGADA DOS MEDIOS AUDIOVISUAIS.

Desde os anos 20’ do s. XX ata a actualidade[1]

Estes medios supoñen unha aceleración na evolución da publicidade pola gran repercusión social que acadaron.

As posibilidades do son e a imaxe en movemento supuxeron un salto cara adiante. Coa difusión do cine e a aparición da radio (anos 30’) e a televisión (anos 40’) a publicidade acada a notoriedade que coñecemos hoxe. George Mëliès rodou sorprendentes anuncios para o cine, aínda que o máis empregado eran as diapositivas con anuncios. Os debuxos animados impulsaron o seu desenvolvemento: Walt Disney foi primeiro debuxante de publicidade; King Vidor realizou varios anuncios para Ford. Pero foi a televisión a que revolucionou a publicidade, tanto no seu mercado como na súa produción, pola súa rapidez de implantación nos fogares e pola súa capacidade de transformar os hábitos dos espectadores.

Xorden os dous tipos básicos de inserción publicitaria na TV: o programa patrocinado e o anuncio ou spot.

O resto dos medios resentíronse e tiveron que adaptarse a esta nova situación, tal e como sucede hoxe coa aparición de Internet.

A publicidade hoxe

O gran desenvolvemento da publicidade na actualidade queda patente polas cifras mareantes das inversións nela realizadas, e pola presenza absoluta que ten na vida cotiá nos países desenvolvidos.

Os avances do s. XX produciron a sensación de que todo é posible nunha sociedade na que se suceden os cambios políticos, ideolóxicos e técnicos e que trata de acostumarse ás súas contradicións.  A comunicación é unha industria que forma parte da cultura de masas, e ao mesmo tempo que participa na economía de mercado, tamén o fai na defensa da liberdade de expresión.

Os factores que explican este continuo crecemento son:

  • A xeralización do consumo,  a globalización.

  • O protagonismo dos medios de comunicación, independentes grazas aos ingresos publicitarios.

  • Diversificación de anunciantes: privados, públicos, empresas, partidos políticos, ONGs, etc.

  • O desenvolvemento da técnica publicitaria apoiado en diversas disciplinas como a psicoloxía, a socioloxía, a economía (marketing, estudos de mercado).

  • A aplicación da tecnoloxía en todas as etapas: recollida e tratamento da información, planificación de medios e produción.

A inversión en publicidade vén crecendo a pesares das épocas de crises económicas. A profesión ten acadado un alto grao de madureza e estruturación. As axencias publicitarias teñen como bases da súa eficacia a investigación e a creatividade. A creación de grupos de comunicación multinacionais provocou unha crise no sector nos anos 90’ á que se están reaxustando.

O mercado publicitario actual caracterízase por:

  • Unha relación máis intensa co anunciante, para coñecelo mellor, xa que participa máis no proceso publicitario.

  • O uso da publicidade como un elemento máis dun proceso de comunicación, xa que hai outras fórmulas de contacto máis eficaces cos clientes.

  • Traballar para a marca, a imaxe corporativa, xa que simbolizan os valores que lle asignan os seus donos e que recoñece o público (manter o significado, aínda que cambien as mensaxes ou incluso as características do produto), Fig. 1.

                          Asilo de Dumies volkswagen 

Exemplo: Asilo de Dummies de Volskwagen.



Aos medios tradicionais hai que engadir a revolución que supón a aparición de  Internet, que se introduce nos espazos ocupados pola TV e proporciona unha interactividade inmediata. A inversión en Internet crece 9 veces máis rápido que nos outros medios de comunicación[2].

http://blogs.periodistadigital.com/24por7.php/2009/04/27/bcidad-online-internet-red-insercion-7876

INTERNET    MAIL

 

Exemplos de publicidade en internet e mail

Telefonía Móbil.

MÓVIL

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55