9.1. A PUBLICIDADE NO CURRÍCULO DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

No currículo do segundo ciclo da Educación Infantil só se recolle unha referencia directa á publicidade (na Área de Linguaxes: Comunicación e representación; Criterios de avaliación*).

*ÁREA DE LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN; CRITERIOS DE AVALIACIÓN

  • “ 2. Mostrar interese polo textos escritos presentes na aula e no entorno próximo, iniciándose no seu uso, na comprensión das súas finalidades e no coñecemento de algunhas características do código escrito. Interesarse e participar nas situacións de lectura e escritura que se producen na aula. "

Con este criterio avalíase se os nenos e as nenas valoran e se interesan pola lingua escrita, e se inician na utilización funcional da lectura e a escritura como medios de comunicación, de información e de goce. Tal interese mostrarase na atención e curiosidade polo actos de lectura e de escritura que se realizan  na aula. Observarase o uso adecuado do material escrito (libros, periódicos, cartas, etiquetas, publicidade...). Valorarase o interese por explorar os mecanismos básicos do código escrito, así como o coñecemento de algunhas características e convencións da lingua escrita, coñecementos que se consolidarán en Educación Primaria.”  

Nembargantes, o alcanzar os obxectivos propios da etapa, contribuirá a desenvolver capacidades no alumnado que lles facilitarán o ser unhas persoas adultas coas ferramentas axeitadas para enfrontarse ao bombardeo publicitario ao que estamos expostos desde os primeiros anos de vida. Por iso é de vital importancia coñecer en que ocasións aparece reflectido de xeito implícito e así aproveitar todas as posibilidades.  Véxamolas:

OBXECTIVOS XERAIS DA ETAPA:

  • “ Desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión.”

CONTIDOS EDUCATIVOS E CURÍCULO:

  • “Corresponde ás administracións educativas fomentar unha primeira aproximación á lingua estranxeira nas aprendizaxes do segundo ciclo da Educación Infantil, especialmente no último ano. Así mesmo, fomentarán unha primeira aproximación á lectura e á escritura, así como experiencias de iniciación temperá en habilidades numéricas básicas, nas tecnoloxías da información e da comunicación e na expresión visual e musical.”

Dentro das propias áreas tamén podemos atopar contidos que se poden traballar coa publicidade na aula. A continuación atopades varios exemplos:

ÁREAS DO SEGUNDO CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL

Ao nomear linguaxe audiovisual, e falar do desenvolvemento da competencia comunicativa, estase a tratar tamén a educación no uso responsable e crítico da publicidade. A cita textual é a seguinte:

  • “Pero non se debe esquecer que interveñen tamén outro tipo de linguaxes, como son a corporal, a artística (tanto plástico como musical), a audiovisual e a matemática, e que no seu conxunto son básicas para enriquecer as posibilidades de expresión e contribúen ao desenvolvemento da competencia comunicativa."

Linguaxes: comunicación e representación

  • “Na etapa de Educación Infantil amplíanse e diversifícanse as experiencias e as formas de representación que nenos e nenas elaboran desde o seu nacemento. Traballar educativamente a comunicación implica potenciar as capacidades relacionadas coa recepción ou interpretación de mensaxes, e as dirixidas a emitilos ou producilos, contribuíndo a mellorar a comprensión do mundo e a expresión orixinal, imaxinativa e creativa.”

 

  • “No uso das distintas linguaxes, nenas e nenos irán descubrindo a mellor adaptación de cada un deles á representación das distintas realidades  ou dimensións de unha mesma realidade. Deste xeito facilitarase que acomoden os códigos propios de cada linguaxe ás súas intencións comunicativas, achegándose a un uso cada vez máis propio e creativo de ditas linguaxes. As diferentes formas de comunicación e representación que se integran nesta área son: a linguaxe verbal, a linguaxe artística, a linguaxe corporal, a linguaxe audiovisual e das tecnoloxías da información e da comunicación.”

 

  • “A linguaxe audiovisual e das tecnoloxías da información e a comunicación presentes na vida infantil, requiren un tratamento educativo que, a partires do uso apropiado, inicie ás nenas e nenos na comprensión das mensaxes audiovisuais e na súa utilización adecuada.”

 

Bloque 2. Linguaxe audiovisual e tecnoloxías da información e comunicación

o        “Toma progresiva de conciencia da necesidade de un uso moderado dos medios audiovisuais e das tecnoloxías da información e a comunicación”.

 

 Como vemos, o currículo apórtanos a base para empezar a traballar coa publicidade na aula. Agora só fai falla imaxinación e veremos como este traballo é de gran axuda para lograr numerosos obxectivos.  

 
Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:56