Topic outline
- O obxectivo deste curso é o de afondar no coñecemento e aplicación das diferentes ferramentas dixitais que pode empregar profesorado no seu traballo en todas as modalidades de ensino: presencial, mixto e a distancia.O profesorado dos centros educativos con competencia no manexo de aulas virtuais, van poder iniciarse na creación de contidos propios con ferramentas de autor interactivas, como son LIM, eXelearning, Ardora e H5P, así como a incorporación dos mesmos aos cursos da aula virtual.
A través deste espazo non se ofrecerá soporte de titorización, coordinación nin certificación. A súa finalidade é a de facilitar o acceso a información útil para o profesorado.
(É unha copia das actividades ofertadas no curso 2021/22).
Módulo 1. Os REA, propiedade intelectual e protección de datos
Na creación de contidos é fundamental coñecer e empregar os límites da propiedade intelectual (licenzas de uso, autoría) e os límites da protección de datos cando empregamos materiais tanto propios como alleos obtidos das aulas.
Informarse e aprender
Módulo 2. Bancos de recursos: o repositorio Abalar
Presentación do repositorio e as posibilidades de inserción dos materiais que se ofrecen no mesmo nas aulas virtuais como posible punto de partida.
Informarse e aprender
Módulo 3. Creación de recursos 1: introdución ás ferramentas de autor
Presentación das posibilidades de uso e as características dos materiais elaborados con ferramentas de autor (LIM e eXeLearning) e de edición de audio,imaxe e vídeo para que cada centro educativo poida afondar nas que mellor se adapten ao perfil do seu alumnado.
Informarse e aprender
Informarse e aprender
Módulo 4: Creación de recursos 2: introdución ás ferramentas de autor
Presentación das posibilidades de uso e as características dos materiais elaborados con dúas ferramentas de autor e de edición de audio,imaxe e vídeo (H5P e Ardora) para que cada centro educativo poida afondar nas que mellor se adapten ao perfil do seu alumnado.
Informarse e aprender
Informarse e aprender
Módulo 5: Integración na aula virtual dos paquetes de contidos
Posibilidades de inserción na aula virtual para a súa visualización ou para obter datos da interacción coas mesmas por parte do alumnado (SCORM).
Informarse e aprender
Licenzas
"Creación de contidos dixitais para a aula virtual"
publícase baixo unha licenza
Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional
Quedan fóra desta licenza os textos, imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza (ligazóns a páxinas web externas).Créditos de propiedade
Úsanse imaxes e recursos publicados no Dominio público ou con licenza CC BY ou CC BY-NC-SA OU CC BY-NC propios e/ou alleos, tomados preferentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se empregan ---acolléndose ao "Dereito de cita" [1] --- imaxes e recursos diversos de diferentes páxinas web, indicando a súa licenza ao pé dos propios recursos ou na páxina coa atribución da propiedade intelectual dos ODE empregados [2], dereitos reservados que manteñen integramente. Se detecta algunha imaxe, recurso... con dereitos reservados non atribuído correctamente, agradecemos nos informe para retiralo ou corrixilo.