Introducción: O repositorio de Contidos do espazoAbalar

O Repositorio de Contidos dispoñible no espazoAbalar é unha plataforma de xestión, difusión e emprego dos contidos educativos dixitais, onde está dispoñible unha selección de recursos educativos de calidade e en múltiples idiomas, que está a ser actualizada de xeito continuo con novos contidos e funcionalidades.

Os contidos dispoñibles no Repositorio son de distinta natureza. Para empregalos podes usar dous métodos:

  1. Visualizalo. Neste caso abrirase una nova ventá no navegador e executarase automaticamente o recurso.
  2. Descargalo e gardalo no ordenador para empregalo sempre que desexe.

Neste último caso, se o contido ten un formato .html, os pasos que se ten que dar para poñer a funcionar o recurso son os seguintes:

  • Premer a opción "Descargar".
  • Seleccionar a opción "Gardar arquivo".
  • Descomprimir o recurso (seleccionar co botón dereito do ratón e escoller a opción "extraer").
  • Abrir a carpeta co recurso descomprimido e facer dobre clic en "index.html".


---


Outra opción tamén é a de incorporar o contido á aula virtual para facilitar o acceso ao mesmo por parte do alumnado:

  • No repositorio, accedemos ao contido que queremos compartir
  • Copiamos a ligazón do mesmo
  • Accedemos á aula virtual, engadimos o tipo de contido "URL" e insertamos a ligazón

..............

Finalmente temos a opción de descargar o arquivo e incorporalo da seguinte maneira na nosa aula virtual

  • Engadimos o recurso ficheiro
  • Adxuntamos o arquivo .zip descargado do repositorio abalar
  • Unha vez adxuntado, co botón dereito descomprimimos o arquivo
  • Seleccionamos o arquivo index.html e dámoslle ao botón esquerdo e seleccionamos "Establecer como ficheiro principal"
  • Gardamoos e presentamos o recurso-actividade.

Última modificación: Sábado, 19 de Febreiro de 2022, 23:33