1.2. DEFINICIÓNS DE PUBLICIDADE

Hai infinidade de definicións de publicidade, dependendo da disciplina desde a que nos acheguemos a ela. A continuación preséntanse algunhas de elas:

Asociación Americana de Marketing (anos 60'):

“toda aquela forma pagada e non persoal de presentación e promoción de ideas, bens e servizos por conta de alguén identificado”

Aaker y Myers:

“un medio de comunicación masiva que involucra a un responsable, ou anunciante, quen normalmente contrata a unha organización de medios, por exemplo as cadeas de televisión, para que transmitan un anuncio que en xeral é creado por unha axencia”1.

A Lei Xeral de Publicidade en España (1988):

“toda forma de comunicación realizada por unha persoa física ou xurídica, pública ou privada, no exercicio dunha actividade comercial, industrial, artesanal ou profesional, co fin de promover de forma directa ou indirecta a contratación de bens mobles ou inmobles, servizos, dereitos ou obrigas”. Esta definición exclúe as campañas de entidades públicas que non teñan carácter comercial (como as dos partidos políticos ou as das institucións da Administración Pública) o que crea gran controversia. Esta podería ser unha diferenza entre publicidade e propaganda, tema que trataremos máis adiante1.

A UNESCO (1978):

“unha actividade de comunicación que forma parte do proceso e do sistema de comunicación e que apunta a promover a venda dun artigo, produto ou servizo; a fomentar unha idea ou a lograr calquera outro efecto que desexe acadar o anunciante”. É unha definición que non restrinxe quen é o anunciante (pode ser un organismo público) nin a finalidade (pode ser vender un produto ou promover unha idea ou cambiar unha conduta)2.

Agora dúas definicións moi similares:

Juan Carlos Alfeo Álvarez ("Proyecto Media Publicidad", Universidade Complutense de Madrid). Definición desde o modelo económico, comunicativo e psicosocial:

“un sistema de comunicación que pon en relación ás organizacións e os seus públicos a través de mensaxes emitidos vía medios de comunicación de masas co fin de informar sobre un produto, un servizo, unha organización ou unha idea e influír na súa predisposición ou o seu comportamento”3.

Enrique Ortega (Universidade Complutense de Madrid)

“proceso de comunicación de carácter impersoal, pagado e controlado que, a través de medios masivos pretende dar a coñecer un produto, servizo, idea ou institución con obxecto de informar ou de influír na súa compra ou aceptación”1.

Luis Bassat, un dos publicitarios españois de máis recoñecido prestixio e profesor na Universidade Autónoma de Barcelona, defíne a  publicidade como:

“a arte de convencer consumidores”4

Wikipedia:

A publicidade é unha técnica de "promocións surtidas", cuxo obxectivo fundamental é informar ao público sobre a existencia de bens ou servizos a través dos medios de comunicación co obxectivo de obter unha compensación prefixada. Ademais fai uso de numerosas disciplinas tales como a psicoloxía, a socioloxía, a estatística, a comunicación social, a economía e a antropoloxía a fin de recordar (para crear imaxe de marca) e/ou persuadir para producir, manter ou incrementar as vendas. Cabe destacar que en ocasións confúndese o termo "publicidade" co de "propaganda", a este respecto é importante comprender que a propaganda busca a propagación (e persuasión) de ideas políticas, sociais, morais e relixiosas sen fins directamente economicamente compensatorios"5.

1 Ortega, E. (2004). La comunicación publicitaria. 2ª edición. Pirámide. Madrid.

2Guía del profesor. 24 concurso ONCE. http://217.149.152.91/documentos/dossier_profesor.pdf

3Proyecto Media. Ministerio de Educación y Ciencia. CNICE. Coordinador: Alfeo Álvarez, J.C. http://recursos.cine.mec.es/media/publicidad/extras/docente/index.html

4Bassat, L (2008) El libro rojo de la publicidad, 8ª edicación. Mondadori. Barcelona

5http://es.wikipedia.org/wiki/publicidad

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55