Curso 2015/16

Curso 2015/16

2 alumnos do IES Río Cabe na "Olimpíada de Matemáticas Galega"

O venres 14 de xaneiro, Javier Pérez Arias e Santiago Alonso Bartolomé, alumnos de 1º e 2º de bacharelato respectivamente, asistiron a Olimpíada Matemática Galega, que se desenvolveu na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela, acompañados pola súa profesora Carmen Morais Torres, así como por algúns familiares.

Na mesma participaron 70 alumnos de toda Galicia, que tiveron que resolver diferentes problemas nas dúas sesións programadas ás 10 horas e ás 16 horas.

A Olimpíada Matemática Galega é unha competición entre estudiantes que ten como obxectivo fundamental estimular o estudio das matemáticas, descubríndoas fóra dos ríxidos temarios curriculares e dos chamados exercicios tipo, en definitiva, desenvolver o gusto pola resolución de problemas. Estes exercicios non requiren uns coñecementos especiais de matemáticas, senón que buscan a capacidade de raciocionio e a orixinalidade e creatividade do pensamento.

 

50 aniversario do IES Río Cabe - Curso 2015/2016

 

ANO 1964/65 - OPERARIOS, NUN PEQUENO DESCANSO, NAS OBRAS PARA A CONSTRUCIÓN DO IES Río Cabe:

Imaxe atopada no Facebook de Juan Jose Corujo Castro

 

Imaxes e vídeos da XORNADA DO 18/06/2016:

Imaxes do acto académico:

Presentación do acto por Don Manuel Sánchez Seco, Director actual:

Intervención do Inspector xubilado Don Pedro Gómez Álvarez:

Intervención do Director, durante 14 anos, Don José Carlos Díaz Gómez:

Intervención do Director xubilado Don Xesús Verao Pérez:

Intervención da Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo:

Intervención do Alcalde de Monforte de Lemos:

Interpretacións da Asociación de Amigos da Pandeireta:

Imaxes da comida:

Interpretación dos Gin Toni's:

 

- Directores/as do IES Río Cabe 1965-2015

 

- Entrevista ao Director do Instituto sobre o 50 aniversario: OndaCero

 

- Conferencias mensuais para celebrar o 50 aniversario:

Mes de Outubro: Dani de la Torre

 

Mes de Novembro: Conselleiro de Economía - Francisco Conde

 

Mes de Decembro: O Trícole, The Poet´s Silence

 

Mes de Xaneiro: Lidia Senra

Mes de Febreiro: Xabier Quiroga

Mes de Marzo: Anna Turbau

Mes de Abril: Jennifer Mendoza

 

Mes de Maio: Roberto González Fernández

The Poet's Silence actuarán o 18 de decembro no IES Río Cabe

Dentro das actividades para conmemorar o 50 aniversario do IES Río Cabe, e para despedir o mes de Decembro, actuarán no noso centro o grupo "The Poet's Silence", creado por exalumnos do Instituto e sendo un dos seus compoñentes o profesor Xurxo Rodríguez Labrador:

Algunhas imaxes do concerto: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesriocabe/galeria/thumbnails.php?album=137

Corto gañador do Obradoiro "Cóntame outra historia"

Como sabedes, o guión seleccionado como finalista no Obradoiro "Cóntame outra historia" foi o do IES Río Cabe.

Dende o CIM (Centro de Información á muller) agradecen a participación de todo o alumnado no Obradoiro, que se levou a cabo no mes de novembro co alumnado de 1º BAC dos tres IES de Monforte de Lemos, co gallo do 25 de novembro “Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero”.

O Corto gañador elaborado nas últimas sesións do Obradoiro podedes consultalo na páxina web do Concello no seguinte enlace:

http://www.monfortedelemos.es/contenidos.asp?sec=34&id=969

 Esperamos que vos guste e ¡ Felicidades ao alumnado de 1º Bac gañadores do obradoiro !

Concerto didáctico do grupo "O Trícole"

Dentro das actividades para conmemorar o 50 aniversario do IES Río Cabe, o xoves 10 de decembro terá lugar no salón de actos do centro a actuación do grupo "O Trícole", de Sober, do que forma parte Xesús Verao Pérez (exalumno e exdirector do IES Río Cabe). A partir das 11:45 horas o alumnado asistirá a unha charla sobre o repertorio de villancicos tradicionais galegos e a continuación interpretarán algúns deles.

O grupo O Trícole fará un concerto didáctico sobre as diferentes composicións propias do nadal. Este grupo que dirixe Alfonso Campos dedícase á recuperación de tradicións e cantos populares. Iniciou a súa andaina no ano 1999 no seo da Escola de música de Sober, cuxos responsables decidiron complementar as clases impartidas aos nenos e mozos cunha iniciativa para formar musicalmente a persoas adultas. A partir de aí formouse a nova agrupación, que agora integra a dezasete membros. A recuperación dos cantos tradicionais de Sober e da comarca de Lemos é un dos principais obxectivos da formación.

Alfonso Campos, o impulsor e director musical da formación, é músico profesional con estudos de canto e clarinete. Dirixiu a banda de Sober en varias ocasións -e ocasionalmente outras formacións-, e leva formando parte dela desde á sua adolescencia. Dirixiu e dirixe varias corais, entre elas a singular coral de Renfe de Monforte de Lemos.

Boletín para as familias: Diversión no tempo de lecer

No documento adxunto, ou facendo click na imaxe, podedes descargar o Boletín de información para pais/nais/titores legais do mes de Decembro de 2015 elaborado pola Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos e o Equipo de Prevención, que trata o tema da diversión no tempo de lecer.

Vídeo-Resumo da visita do Conselleiro de Economía, Industria e Emprego

Grazas a Radio Principal da Cadena Ser de Monforte de Lemos podemos visualizar o seguinte vídeo que recolle diferentes momentos da visita de Francisco Conde ao noso centro:

Distribuir contido