2 alumnos do IES Río Cabe na "Olimpíada de Matemáticas Galega"

O venres 14 de xaneiro, Javier Pérez Arias e Santiago Alonso Bartolomé, alumnos de 1º e 2º de bacharelato respectivamente, asistiron a Olimpíada Matemática Galega, que se desenvolveu na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela, acompañados pola súa profesora Carmen Morais Torres, así como por algúns familiares.

Na mesma participaron 70 alumnos de toda Galicia, que tiveron que resolver diferentes problemas nas dúas sesións programadas ás 10 horas e ás 16 horas.

A Olimpíada Matemática Galega é unha competición entre estudiantes que ten como obxectivo fundamental estimular o estudio das matemáticas, descubríndoas fóra dos ríxidos temarios curriculares e dos chamados exercicios tipo, en definitiva, desenvolver o gusto pola resolución de problemas. Estes exercicios non requiren uns coñecementos especiais de matemáticas, senón que buscan a capacidade de raciocionio e a orixinalidade e creatividade do pensamento.