Curso 2015/16

Curso 2015/16

Adestramentos do CD Lugo co seu novo entrenador e exprofesor do noso centro

O alumnado do Nivel 2 do Ciclo de Fútbol asistiu no día de hoxe, 3 de marzo de 2016, a Lugo para presenciar os adestramentos do equipo C.D. Lugo. Foron acompañados por Carlos Parada, profesor dos módulos do bloque específico e complementario, e así viron como entrena ao equipo o novo entrenador desde fai moi poucos días: José Antonio Durán Rivas, profesor do  noso centro durante un pequeno período de tempo do curso 2012/2013.

Desde aquí o felicitamos pola súa traxectoria profesional, desexámoslle moita sorte e sabemos que chegará moi lonxe.

 

Conferencia sobre redes sociais para familias do alumnado

Na tarde do Luns 29 de febreiro tivo lugar, no salón de actos do centro, unha charla sobre as redes sociais, novas tecnoloxías e formas de violencia. Estaba dirixida a tódolos pais/nais do alumnado e foi impartida pola psicóloga Paula Sánchez, profesional con ampla experiencia no uso que fan os adolescentes das redes sociais.

Campus Científicos de Verán 2016

No BOE do 23 de febreiro saen publicadas as bases da sétima edición do Programa "Campus Científicos de Verano", iniciativa da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, xunto co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, que contan co apoio da Obra Social “la Caixa”.

Co obxectivo de potenciar o interese dos estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato pola ciencia, a tecnoloxía e a innovación, convocan 1.920 prazas para participar en proxectos científicos deseñados por profesores universitarios en departamentos de investigación de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional, entre os días 3 e 30 de xullo de 2016.

Campus Científicos de Verano aposta polo fomento das vocacións científicas e, por este motivo, ofrece aos participantes a oportunidade dun contacto directo coa labor diaria dos investigadores nun ambiente universitario e multicultural, que lles axudará a definir a súa proxección futura de estudos. Ademais, os participantes nos Campus poderán gozar de actividades complementarias científico-culturais e de ocio.

O prazo para inscribirse remata o 16 de marzo ás 15:00 horas. Máis información e o formulario de inscrición o podedes atopar na páxina web do programa:

Bases do concurso de microrrelatos do número "Pi"

Facendo click na seguinte imaxe podedes ver as bases do concurso organizado polo Departamento de Matemáticas do centro:

Bases do concurso "Sudadeira Oficial do IES Río Cabe"

Facendo click na seguinte imaxe podedes ver as bases do concurso organizado para elixir o deseño da sudadeira coa imaxe oficial do IES Río Cabe:

Convocadas probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e superior

Acaba de publicarse o borrador da Orde de 2 de febreiro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2016.

Prazo de inscrición nas probas de acceso:

  • Ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 4 ao 15 de abril de 2016, ambos os dous incluídos.
  • Ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 15 e 26 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos.

Pódese obter máis información ou exames de convocatorias anteriores na seguinte páxina web:

http://www.edu.xunta.es/fp/node/13277

Nos seguintes documentos resumimos as características de cada unha das dúas probas:

- Proba de acceso GRAO MEDIO

- Proba de acceso GRAO SUPERIOR

Semana Branca 2016

Venres 29/01/2016: As 17:00 horas remataron a última xornada de esquí sen novidades, día espléndido de esquí co bo tempo e moi boas sensacións por parte do alumnado. O autobús que os trae de retorno saldrá ás 21:00 horas, chegando a Monforte de Lemos as 9:00-10:00 horas aproximadamente. Aquí tedes a última foto de grupo na neve de Andorra e dúas dos profesores acompañantes para despedir a semana branca 2016 do IES Río Cabe:

Xoves 28/01/2016: De novo día soleado en Andorra, aínda que a temperatura media foi de 3 grados. Todos aprenderon un poco máis e están moito máis cansos e magullados, pero sen lesións de importancia. Pola noite a maior parte do alumnado asistiu a sesión nocturna no balneario de Caldea.

Mércores 27/01/2016: Terceiro día de neve e todo segue dentro da normalidade. Todo o mundo esquiando ao longo da estación e a maior parte do grupo foi a patinar a pista de xeo de Canillo antes da cea.

Martes 26/01/2016: Segundo día de esquí/snowboard sen incidentes nin lesións, aínda que algúns e algunhas empezan a ter dores debidos as caídas e esforzos. Tiveron un día de sol espléndido e pasárono xenial.

 

Luns 25/01/2016: Hoxe primeiro contacto coas pistas e primeiro día de esquí ou snowboard. Día soleado e tod@s progresando axeitadamente. Mañá máis !!!.

 

Alumnado de 3º de ESO e 1º BAC iniciaron a noite do sábado ao domingo 24 de xaneiro de 2016 a “Semana Branca en Andorra”.

A excursión está organizada polo Departamento de Educación Física. Os profesores acompañantes son Carlos Parada, profesor de Educación Física, xunto coa profesora do Seminario de Tecnoloxía, Covadonga Yugueros.

A chegada a Andorra produciuse sen ningún contratempo sobre as 13:00 horas e xa están instalados no Hotel Cosmos.

A volta está prevista para o vindeiro sábado 30 de xaneiro. Seguiremos informando nesta entrada da páxina web do centro a medida que os profesores acompañantes manden máis información nos vindeiros días.

 

Conferencia de Lidia Senra

Dona Lidia Senra Rodríguez impartíu o Venres 22 de xaneiro unha conferencia ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato do IES Río Cabe. A charla está enmarcada dentro das actividades dirixidas a conmemorar o 50 aniversario do Instituto. Dona Lidia Senra foi alumna do noso centro a comezo dos anos 70.

Lidia Senra é na actualidade Deputada no Parlamento Europeo, ademáis de sindicalista agraria e política galega. Durante a charla faloulle ao alumnado sobre a súa traxectoria profesional desde que saíu das aulas do IES Río Cabe ata que chegou a ser parlamentaria en Bruselas.

Lidia Senra Rodríguez naceu en Cereixa, Pobra do Brollón en 1958; cando ela ten un ano de idade, a súa nai e seu pai, instálanse como labregos na casa paterna en Chavaga, onde se cría. Estuda o bacharelato no IES Río Cabe e nos últimos cursos entra en contacto co nacionalismo galego e implícase activamente na loita labrega, formando parte dos Comités de Axuda á Loita Labrega (CALL) e das Comisións Labregas. No ano 1976 afíliase a ANPG (Asamblea Nacional Popular Galega).   Ademais, ao longo da súa vida participou activamente en diversos encontros internacionais e foros sociais representando a Vía Campesina, movemento internacional que agrupa a millóns de labregas e labregos de 70 países de África, Asia, Europa e América. Profesionalmente é labrega e dende  Maio de 2014 e deputada pola Alternativa Galega de Esquerda en Europa no Parlamento Europeo.

Facendo click na seguinte imaxe poden verse algunhas fotografías da conferencia:

Distribuir contido