Charla-Coloquio de Dani de la Torre

O alumnado de 1º de Bacharelato e 3º ESO tiveron o pracer de asistir a charla-coloquio impartida por Dani de la Torre no salón de actos do centro o pasado 24 de outubro. Durante máis de dúas horas escoitamos un montón de anécdotas acerca da rodaxe da película “El Desconocido”,  puidemos achegarnos ao mundo do cine e coñecer o difícil que é chegar a dirixir unha película cun orzamento elevado, pero como moi ben nos dixo Dani de la Torre hai que pensar que podemos lograr aquilo que desexamos, ser persistente e nunca perder a esperanza.

A continuación podedes ver algunhas imaxes da conferencia:

Por último, dicir que o alumnado asistiu a proxección da película aos cines Hollywood de Monforte de Lemos, e preparamos a entrada do hall do Instituto para recibir a Dani con diferentes opinións acerca do filme, e o que nos parecera a cada un de nos.