Conferencia do pintor RGF

RGF

 

O Xoves día 12 de maio estivo no noso centro Roberto González Fernández, pintor e artista multidisciplinar nado en Monforte de Lemos e que na actualidade vive entre Madrid e Edimburgo.

O artista monfortino de proxección internacional impartiu unha lección maxistral ao alumnado e profesorado do IES Río Cabe, facendo un repaso ao longo da súa traxectoria profesional como pintor desde os seus comenzos en Monforte, pasando pola Escola de Belas Artes de San Fernando en Madrid ata chegar aos últimos proxectos  nos que traballa na actualidade.

Roberto González, cunha meticulosa presentación visual da súa obra, deixou claro o seu interese pola pintura como medio de expresión de ideas cun estilo que podería definirse como unha mistura entre plantexamentos conceptuais e realistas.

A preocupación de RGF polo espazo e polo tempo faise evidente no seu estilo narrativo e na organización seriada do seu traballo, cada nova invención enxendra  universos temporais e espaciais propios. Nos últimos anos e paralelamente á pintura traballa series feitas coas novas tecnoloxías incluída a súa paxina web  http://www.r-gonzalezfernandez.com/ na que presenta proxectos especialmente pensados para ela.

Desde aquí queremos agradecer o seu paso polo noso centro e o interese e xenerosidade mostrada desde o primeiro momento que contáctamos con él. Non só aceptou con moita ilusión a invitación a vir, senón que nos enviou unha serie de pezas pertencentes ao Proxecto titulado “Dobremente Vixiados” e que estiveron expostas na entrada do instituto durante dúas semanas. A nosa sorpresa foi cando momentos antes de comezar a charla díxonos que lle gustaría ceder ditas obras ao IES Río Cabe para colocalas na nosa biblioteca. Desde a semana que ven este espazo emblemático do noso centro contará con oito pezas do artista, así como unha veintena de catálogos que tamén cedeu ao centro. A nosa gratitude mais sincera para o grandísimo artista e persoa, Roberto González Fernández.

Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de fotos da conferencia: