Conferencia de Xabier Quiroga

O Venres 26 de febreiro tivo lugar a conferencia de Xabier Quiroga, novelista e ex-alumno do noso centro. Esta charla enmarcase dentro das conferencias mensuais para conmemorar o 50 aniversario da creación do Instituto.

O alumnado de Bacharelato, ademais de escoitar referencias as súas obras "Izan o da saca" ou "Zapatillas rotas" tamén escoitaron unha grande lección do difícil que é chegar a ser un novelista de éxito e poder vivir de esta profesión. Tiveron ocasión de facerlle múltiples preguntas sobre a súa vida e escoitar anécdotas como que cando Xabier era alumno do Instituto había unhas escaleiras secundarias para que subise o alumnado e pola porta principal entraba o profesorado, e no caso de que algún alumno se colase polas escaleiras que non debía podía aparecer "Don Félix", o Xefe de Estudos, para chamarlle a atención "voz en grito".

"Pinchando" na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de fotos da conferencia: