Eventos
Mar | ||
---|---|---|
1. Dadas as informacións que temos nesta hora sobre COVID na comarca, NON FAREMOS ENTREGA DE NOTAS PRESENCIAL mañá martes. 2. AS NOTAS CHEGARÁN AOS SEUS MÓBILES VÍA ABALAR-MÓBIL DURANTE A MAÑÁ DO DÍA 23. 3. O Consello Orientador chegará ao correo do alumnado nesta semana. 4. Os titores e profesores poñeranse en contacto telemático co alumnado que precise recuperar no verán. 5. O alumnado de 1º, 2º e 3º ESO e 1º BACH que promocione con materias suspensas pode recuperalas en setembro, e desa maneira non ter que recuperalas como pendentes durante o curso 2020-2021. 6. O alumnado que titule en 4ºESO non ten que ir aos exames de setembro, aínda que debería realizar as actividades de reforzo que enviemos. 7. A devolución de libros de texto farana o LUNS 29 no polideportivo do IES. Nais/pais/titores, mascariña, distanciamento, segundo este horario. 09:30 1º ESO 10:30 2º ESO 11:30 3º ESO 12:30 4º ESO 8. Os libros virán nunha bolsa cun papel que identifique ao alumno e os libros que entrega. Grazas pola súa atención. |