ENTREGA DE NOTAS E DEVOLUCIÓN LIBROS
1. Dadas as informacións que temos nesta hora sobre COVID na comarca, NON FAREMOS ENTREGA DE NOTAS PRESENCIAL mañá martes.
2. AS NOTAS CHEGARÁN AOS SEUS MÓBILES VÍA ABALAR-MÓBIL DURANTE A MAÑÁ DO DÍA 23.
3. O Consello Orientador chegará ao correo do alumnado nesta semana.
4. Os titores e profesores poñeranse en contacto telemático co alumnado que precise recuperar no verán.
5. O alumnado de 1º, 2º e 3º ESO e 1º BACH que promocione con materias suspensas pode recuperalas en setembro, e desa maneira non ter que recuperalas como pendentes durante o curso 2020-2021.
6. O alumnado que titule en 4ºESO non ten que ir aos exames de setembro, aínda que debería realizar as actividades de reforzo que enviemos.
7. A devolución de libros de texto farana o LUNS 29 no polideportivo do IES. Nais/pais/titores, mascariña, distanciamento, segundo este horario.
09:30 1º ESO
10:30 2º ESO
11:30 3º ESO
12:30 4º ESO
8. Os libros virán nunha bolsa cun papel que identifique ao alumno e os libros que entrega.
Grazas pola súa atención.
- APIs de Blogue
- Calendario