Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
16
| 17
all day
Hoxe os alumnos de 3ºESO tiveron unha charla do activista polos dereitos humanos guineoecuatoriano Alfredo Okenve, charla promovida por Amnistía Internacional Barbanza. Os rapaces tiveron a oportunidade de charlar e preguntarlle a este profesor sobre diversos temas, e non perderon a oportunidade de coñecer a realidade dun país descoñecido cun goberno dictatorial, así como sobre os dereitos humanos. | 18
all day
O 2736 foi o número afortunado. Lola Sieira, do Porto do Son, levouse a cesta de Nadal sorteada polos alumnos do centro. Outra Lola, foi a encargada de recollela e levala. Aproveitamos para agradecer a todas as persoas que colaboran cos rapaces na recaudación de cartos para as súas excursións. Parabéns e a desfrutala!
| 19
| 20
| 21
Start: 21/12/2019
Nadal: desde o día 21 de decembro de 2019 ata o día 7 de xaneiro de 2020, ambos inclusive | 22
all day
Nadal: desde o día 21 de decembro de 2019 ata o día 7 de xaneiro de 2020, ambos inclusive all day
Unha tradición que queremos engadir a estas datas é a celebración da Feira da Sostibilidade o último día de clases de decembro. Obradoiros de papel reciclado, adornos de Nadal, xabón e pasta de dentes, taller de costura, charla sobre residuos e reciclaxe,.... Todas as actividades foron encamiñadas á concienciación sobre o exceso de consumo hoxe en día, especialmente no Nadal. E estas actividades non serían posibles sen a axuda e colaboración de todas as persoas que traballan no centro, ainda que hai que agradecer especialmente a Paloma, Aurora, Raquel, Xulio e Ana o seu traballo, así como a todas as nais que demostran que a comunidade educativa formámola todos.
|