Skip to Content

FEIRA DA SOSTIBILIDADE

22/12/2019

Unha tradición que queremos engadir a estas datas é a celebración da Feira da Sostibilidade o último día de clases de decembro. Obradoiros de papel reciclado, adornos de Nadal, xabón e pasta de dentes, taller de costura, charla sobre residuos e reciclaxe,.... Todas as actividades foron encamiñadas á concienciación sobre o exceso de consumo hoxe en día, especialmente no Nadal. E estas actividades non serían posibles sen a axuda e colaboración de todas as persoas que traballan no centro, ainda que hai que agradecer especialmente a Paloma, Aurora, Raquel, Xulio e Ana o seu traballo, así como a todas as nais que demostran que a comunidade educativa formámola todos.

 

 

 

 



EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

story | by Dr. Radut