Skip to Content

UNHA LECCIÓN DE ACTIVISMO

17/12/2019

Hoxe os alumnos de 3ºESO tiveron unha charla do activista polos dereitos humanos guineoecuatoriano Alfredo Okenve, charla promovida por Amnistía Internacional Barbanza. Os rapaces tiveron a oportunidade de charlar e preguntarlle a este profesor sobre diversos temas, e non perderon a oportunidade de coñecer a realidade dun país descoñecido cun goberno dictatorial, así como sobre os dereitos humanos. 



EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

story | by Dr. Radut