Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Xoves Maio 23, 2019 »
Xov
Start: 23/05/2019 10:20
End: 23/05/2019 11:10

Participación activa: entidades do territorio. GALP (Grupo de Acción Literal Costeira) no programa Con-ciencia. alumnado de 2º de ESO. Sostibilidade. Salón de actos.

 

Start: 23/05/2019

Comezamos o intercambio co alumnado de Quimper. Do 23 ao 30, un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO acollerá nas súas casas estes mozos e mozas, iniciando así o programa de inmesión lingüística. 

O noso alumnado de Francés (ver listaxe na sala de profesorado) non asistirá ás clases:

O 24, de 8.20h a 11.10 

O 28 de 8.20 a 14.00

Realizarán actividades no centro e fóra do centro. 

"Participación activa: entidades do territorio" foi a última charla que o alumnado de 2º de ESO tivo dentro do Programa Con-Ciencia, iniciativa promovida polo Grupo de Acción Local de Pesca Costa Sostible,  Seo de Fisterra-Ría de Muros Noia, e no que colaboran o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, a Asociación de Oceanográfos de Galicia e a Fundación CETMAR (Centro Tecnolóxico do Mar), co respaldo da Consellaría do Mar e o FEMP (Fondo Europeo Marítimo e de Pesca). 

Nesta ocasión, a empresaria Janira Somoza, membro da xunta directiva da Asociación de Empresarios de Noia e propietaria dun negocio de restauración, contounos da súa evolución e animou aos alumnos e alumnas a formárense e a seren emprendedores e emprendedoras. Un exemplo a seguir na contorna.

Agora queda a sesión de clausura. O 19 de xuño, unha selección do alumnado encontrarase en Muros cos rapaces e rapazas doustros centros que participaron no programa. 

 

Distribuir contido


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

by Dr. Radut