Eventos
Xov | ||
---|---|---|
Cartas a ningures, ou non. De nós pode depender o futuro da Terra. Así se chama o podcast que gravaron os mozos e mozas de 3º de ESO que participaron no obradoiro de radioteatro con Roberto Casal. Non tería sido posible, como en anteriores ocasións, sen o apoio da OMIX de Porto do Son. Mil grazas! É un luxo contar con actividades coma esta! Parabéns a Roberto e ao alumnado! Entrade no blog de Onda Perseveira para escoitar o podcast e poder contextualizalo. Alí imos publicando o que gravamos na nosa radio, dentro do programa da Rede de Bibliotecas Escolares, Radio na Biblio.
|