Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Luns Maio 07, 2018 »
Lun
Start: 07/05/2018 19:00

O outro luns, comezamos  unha serie de charlas sobre educación e adolescencia. Somos unha comunidade e temos que axudarnos entre nós. Aprender xuntos familias e profesores, porque todos precisamos de todos.

 

A primeira correu da parte do IES, e xa se celebrou o luns 9. Asistimos 30 nais e pais. O IES comprometeuse a convocar novas reunións. Imos facelas na Casa da Cultura de Concello de Porto do Son, abertas tamén a nais e pais dos colexios de primaria. 

A segunda será de Jorge García Marín, Doutor en Socioloxía, e profesor na Universidade de Santiago de Socioloxía da Educación. Daranos unha aportación moi interesante, desde unha perspectiva feminista, sobre como as novas tecnoloxías comunicativas están a propoñer un modelo machista a nosa xuventude, e os problemas derivados.  "O investigador chamou a atención sobre a importancia da implicación das familias á hora de xestionar a utilización das redes sociais dos menores e engadiu unha serie de consellos: “canto máis tarde se inician nelas, mellor” dixo en alusión á idade a que comezan os/as menores a manexar redes ao que engadiu tamén a necesidades de controlar os tempos de uso e os contidos difundidos, “son necesarios límites” apunta o investigador xustificando a súa postura." Podedes ver aquí unha entrevista.  

Na terceira estará a cargo de Patricia Gómez Salgado,  do Grupo de Investigación de Psicoloxía do Consumidor e o Usuario da Universidade de Santiago. "La adicción a Internet aún no está reconocida de manera oficial, pero sí que es verdad que cada vez más familias acuden a psicólogos buscando ayuda porque no saben cómo manejar los problemas que surgen, sobre todo en los hijos adolescentes."

Datas e horas: 

“A influencia dos móbiles nas condutas dos adolescentes.”

Día: ​30 de abril de 2018

Lugar: ​Casa de Cultura de Porto do Son

Hora: ​19:00h

“O uso problemático de internet”

Día: ​7 de maio de 2018

Lugar: ​Casa de Cultura de Porto do Son

 

Hora: ​19:00h

Distribuir contido


by Dr. Radut