Eventos
Lun | ||
---|---|---|
Start: 07/05/2018 19:00
O outro luns, comezamos unha serie de charlas sobre educación e adolescencia. Somos unha comunidade e temos que axudarnos entre nós. Aprender xuntos familias e profesores, porque todos precisamos de todos.
A primeira correu da parte do IES, e xa se celebrou o luns 9. Asistimos 30 nais e pais. O IES comprometeuse a convocar novas reunións. Imos facelas na Casa da Cultura de Concello de Porto do Son, abertas tamén a nais e pais dos colexios de primaria. A segunda será de Jorge García Marín, Doutor en Socioloxía, e profesor na Universidade de Santiago de Socioloxía da Educación. Daranos unha aportación moi interesante, desde unha perspectiva feminista, sobre como as novas tecnoloxías comunicativas están a propoñer un modelo machista a nosa xuventude, e os problemas derivados. "O investigador chamou a atención sobre a importancia da implicación das familias á hora de xestionar a utilización das redes sociais dos menores e engadiu unha serie de consellos: “canto máis tarde se inician nelas, mellor” dixo en alusión á idade a que comezan os/as menores a manexar redes ao que engadiu tamén a necesidades de controlar os tempos de uso e os contidos difundidos, “son necesarios límites” apunta o investigador xustificando a súa postura." Podedes ver aquí unha entrevista. Na terceira estará a cargo de Patricia Gómez Salgado, do Grupo de Investigación de Psicoloxía do Consumidor e o Usuario da Universidade de Santiago. "La adicción a Internet aún no está reconocida de manera oficial, pero sí que es verdad que cada vez más familias acuden a psicólogos buscando ayuda porque no saben cómo manejar los problemas que surgen, sobre todo en los hijos adolescentes." “A influencia dos móbiles nas condutas dos adolescentes.” Día: 30 de abril de 2018 Lugar: Casa de Cultura de Porto do Son Hora: 19:00h “O uso problemático de internet” Día: 7 de maio de 2018 Lugar: Casa de Cultura de Porto do Son
Hora: 19:00h |